Xurxo Cortázar, Xavier Castiñeira, Beatriz de Vega, Carlos Pinilla (arriba), Esperanza Mara e Sophia Rodal sentadas © ButacaZero
Xurxo Cortázar, Xavier Castiñeira, Beatriz de Vega, Carlos Pinilla (arriba), Esperanza Mara e Sophia Rodal sentadas © ButacaZero
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Cándido Pazó (Vigo, 1960) vén de publicar con Galaxia un volume que recolle dous dos seus textos teatrais, O proceso e Apaga o candil, nos que achegándose ao xuízo a Curros Enríquez e á biografía de Carlos Díaz, o Xestal, fai unha cousa moi súa que é interpelarnos directamente sobre un pasado que segue moi presente. Recoñece que a publicación permite pararse en lecturas de capas que no teatro poden pasar desapercibidas mais tamén que a enerxía do directo é imposible de ser substituída. Afortunadamente, ambas seguen a ser representadas.
Información de Montse Fajardo en Nós Diario
Cándido Pazó. (Foto: Daniel Souto Pazó)
Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman pechan o forno teatral d’A Panadaría. Estes doce anos amasando creacións propias permitíronlles compartir con públicos diversos as montaxes Pan!Pan! (2013), Panamericana(2015), Elisa e Marcela (2017, en coprodución co Centro Dramático Galego) e As que limpan (2022, en coprodución co Centro Dramático Nacional). Neste tempo, a compañía tivo unha moi boa acollida nos escenarios galegos e, con esta última montaxe na que reivindican o labor das camareiras de piso e a súa dignidade como traballadoras, estiveron de xira por toda a Península Ibérica. Tamén as acompañou o recoñecemento da profesión con múltiples galardóns, entre os que destacan os Premios María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
«Traballar por un salario é renunciar cada día á plenitude da vida», di Juana Dolores. A artista catalá participa no Carballo Interplay co seu discurso lúcido que emprega os argumentos da política e a estética para promover a organización da mocidade fronte ao sistema capitalista. Unha mensaxe que colleu forza nas súas obras e que está presente tanto nas súas pezas teatrais como nos textos que ten en marcha