Amosando publicacións coa etiqueta Oza-Monelos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Oza-Monelos. Amosar todas as publicacións

06/06/25

Entrevista a antigos profesores do IES Monelos que lle deron clase ao cineasta Oliver Laxe

O xornalista Adrián Lede publica en La Opinión de A Coruña unha entrevista realizada o pasado 27 de maio no instituto a profesores (Luis V. de Sancho, María Luísa Gómez, Xavier Rivas e Mª José Maneiro) que lle deron clase a Oliver Laxe. Tamén aparece a opinión doutra profesora no centro como foi Mercedes Queixas (actual deputada do BNG no Parlamento Galego)

Información de Adrián Lede en La Opinión de A Coruña

De esquerda a dereita, Luis V. de Sancho, María Luisa Gómez, Xavier Rivas e María José Maneiro, nunha aula do instituto

15/05/25

O IES de Monelos na Biblioteca do Castrillón

O pasado martes 13 de maio celebramos as Letras na Biblioteca do Castrillón nun acto conxunto no que participaron os centros educativos públicos do barrio: o IES "Monte das Moas", o IES Monelos, o CEIP Fernández Latorre acompañados de usuarios do Centro de día de Eirís. O acto contou coa presenza da escritora Paula Carballeira que desenvolveu un contacontos centrado na súa obra literaria. O acto rematou coa participación de catro alumnas do noso centro: Carolina Barbeito (2º ESO), Noa Vázquez (3º ESO), Paula Queijas e Carmela Rivas de 1º de bacherelato, compoñentes por outro lado da agrupación cultural "Donaire", que amenizaron o acto tocando a pandeireta. O acto estivo organizado pola biblioteca escolar e o EDLG do noso centro.








26/05/24

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

 Información en GCiencia

Membrete no que se representan as instalacións da fundición e da fábrica de louza da Victoria en 1852. Gravado por Giraudier e impreso por Domingo Puga. Foto: Arquivo Municipal de Betanzos