Amosando publicacións coa etiqueta lendas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lendas. Amosar todas as publicacións

25/03/23

PENA DE ANAMÁN - Trala lenda do mítico bandoleiro Xan das Congostras

Xusto na fronteira con Portugal, en terras de QUEGUAS (Entrimo), pero xa en terreo Portugués, atópase a Pena de Anamán. A lenda dí que nela, alá polo século XIX, ou XVI según outras fontes, agochábase tralos seus roubos o mítico bandoleiro Xan das Congostras, tamén coñecido como Tomás das Quingostras.

11/08/22

A SENDA DO LOBISHOME

 Manuel Blanco Romasanta, tamén coñecido como o lobishome de Allariz, aproveitándose do seu coñecemento dos camiños e montes galegos, cometeu unha serie de crimes, a mediados do século XIX. 

Neste vídeo facemos un percorrido por algúns deses camiños, bosques, aldeas e sendas, nas que Romasanta, o primeiro asasino en serie da historia de España, cometeu as súas atrocidades. 

Vistas de Regueiro (Esgos), Bidueiral de Montederramo, Serras de San Mamede e Queixa, Rebordechao, A Ermida e Allariz, achégannos á época na que transcurriron estes acontecementos, que orixinaron a lenda do lobishome galego. 

Voz en off: Andrés G. Castro. 

Tema musical: O BOSQUE DO LOBISHOME

 Autor: Andrés G. Castro.

03/12/21

Acabou a luz eléctrica coa Santa Compaña? Fernando Cortizo Rodrigo

 Documental de formato "road movie" (mestura entre o documental sociolóxico e a narración de historias fantásticas) sobre os últimos rastros da Santa Compaña, que pretende difundir unha imaxe diferencial de Galicia a través da súa relación co paranormal. Mestúranse entrevistas reais a testemuñas e visitas a expertos que explicarán a situación real destas aparicións hoxe en día. O traballo conta coas achegas do historiador Carlos Guerra, o psiquiatra Víctor Rodríguez, o farmacéutico Antonio Vila ou o estudoso de temas paronormais Vicente Fuentes, entre outros.

28/06/20

O tesouro da fantasía galega

 Un novo volume de «Galicia encantada» amosa a riqueza do imaxinario popular

Máis información de Xesús Fraga en La Voz de Galicia

Entrada Galicia Encantada

A San André de Teixido "irá de morto quen non foi de vivo"