Amosando publicacións coa etiqueta diversidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diversidade. Amosar todas as publicacións

07/07/21

Tres en Raia

 Juanito naceu en novembro de 2015 coa síndrome de Down. Xiana Lastra e A banda da Loba (ABDL) escribíronlle e compoxéronlle esta canción: “Tres en raia”, que agora dedican a todas as persoas con Síndrome de Down. O videoclip gravouse na Fundación Down Compostela e presentouse na gala que organizaron o 21 de marzo de 2018 para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down e o seu 21 aniversario. A canción forma parte do primeiro álbum de ABDL: “Bailando as rúas”. A banda da Loba cedeulle a Down Compostela este vídeo, realizado de forma totalmente altruísta por Seispés Produccións Creativas. 

 


21/06/21

Dereito a existir: falan elas

Pensar con orgullo II Xornada. Martes, 22 de xuño de 2021 Dereito a existir: falan elas, dirixido por Cristina de la Torre e Carme Adán para o Consello da Cultura Galega. Curtametraxe que dá voz a tres xeracións de mulleres trans na Galicia e conta coa participación de Laura Bugallo, Daniela Ferrández e Aura Leirós.