Webserie documental de 6 episodios, de 10 minutos cada un, sobre a música no Camiño de Santiago. En cada capítulo, Benxamín Otero entrevista diferentes especialistas (músicos, musicólogos, frades, historiadores, luthiers, promotores etc.) para introducir o espectador no universo musical que rodea o Camiño.
A docuserie ten como obxectivo difundir o patrimonio musical que impregna a Ruta Xacobea desde o seu inicio ata a actualidade; promover, en xeral, o patrimonio cultural galego (sobre todo o relacionado coa música, as artes plásticas, a artesanía e a lingua); promover o fenómeno do Xacobeo e os Camiños de Santiago e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural de calidade.