Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións

01/10/26

Somos criminais

Neste espectáculo cómico a través de sketches, os humoristas formulan diversas preguntas: Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables. Desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: somos criminais.

Ver a obra 

02/04/25

Participación no concurso de Gargalladas (27-3-2025)

 A edición 24-25 do programa educativo "Gargalladas. Novas xeracións na comedia", organizado polo Concello da Coruña a través do Servizo de Educación, chega ao seu fin o vindeiro xoves 27 de marzo, coa celebración dunha gala final na que os/as representantes de cada grupo defenderán os seus monólogos finais.

O número de centros educativos participantes da Coruña foi de doce entre o que se atopa o noso centro.

Presentamos dous monólogos para dúas modalidades do concurso. En 1º de ESO participou César Figueira Vázquez centrado nas ceas do Nadal e por 4º de ESO Xián Bendaña Castro sobre que sucede cando nos atopamos na rúa con alguén que non recordamos coñecer.