Información de Javi Quiroga en Vinte
Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña
Información en Xornal da Coruña
A Asociación de mulleres do sector pesqueiro do Seo de Fisterra Ría Muros-Noia vén de ser recoñecida co segundo premio á excelencia na innovación na actividade pesqueira dentro dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación polo proxecto cooperativo da Aula sostible do Freixo, desenvolvido xunto as entidades de inclusión social Misela, Adisbismur e A Creba co apoio do Concello de Outes.
Información Ana G. Liste en Praza Pública
A da enerxía eólica é unha industria que se vende como solución ante a problemática do Cambio Climático. Non obstante, o impacto da súa implantación masiva en Galicia está a supoñer un grave problema sociodemográfico, económico e, paradoxalmente, ambiental.
Carla Subirana vén de estrear nas salas de cine Sica, o filme rodado na Costa da Morte en galego e catalá que presentou na Berlinale e co que participou no Festival de Málaga. Sica é unha longametraxe de ficción creada cunha metodoloxía documental e que conta na maioría do seu reparto con actrices e actores novos e non profesionais. Thais García, unha rapaza de 15 anos Cabana de Bergantiños seleccionada nunhas probas por institutos da zona, interpreta a Sica, a protagonista do filme, que busca respostas no mar tras o naufraxio do barco no que navegaba o seu pai.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Imaxe nocturna de Punta Nariga (o ceo da Costa da Morte)