Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
A controvertida campaña dunha asociación viguesa liderada pola que foi presidenta de Galicia Bilingüe, colocando valados publicitarios en Ourense, A Coruña e Sanxenxo defendendo o uso das formas dos topónimos Orense, Coruña e Sangenjo xa ten resposta, cando menos na rede.
Da Lingua ao Prato Coa lingua falamos, cantamos, soñamos, amamos e tamén degustamos os produtos que a terra nos ofrece, por iso etiquetalos en galego é dárlle un plus de identidade creando a marca Galicia.
O consumidor consciente ten o poder nas súas mans, escoller produtos de noso etiquetados na nosa lingua, é valorizar o rural apoiando aos produtores que apostan pola etiquetaxe en galego como marchamo de calidade e garantía de orixe dun produto. A campaña "Da Lingua ao Prato" acerca á cidadanía a varios produtoras e produtores galegos que apostan polo uso da lingua galega para etiquetar os seus produtos de calidade poñéndoos nos mercados nacionais e internacionais cun marchamo de identidade que os valoriza. BUBELA é unha empresa creada por Fran e Marta en Lugo, dous emprendedores que elaboran pasta seca de xeito artesanal e cervexas ecolóxicas como base dunha alimentación saudable, dando prioridade á calidade do produto e cunha clara aposta polo consumo de proximidade. Con técnicas tradicionais, ingredientes procedentes de agricultura ecolóxica e un proceso de elaboración moi coidado, poñen no mercado varios tipos de cervexa de carácter moi definido e varios tipos de pasta seca que elaboran utilizando moldes de bronce e un proceso de secado moi lento para preservar as propiedades nutricionais e organolépticas conseguindo un produto de altísima calidade.
No último medio século son moitas as campañas publicitarias lanzadas para promocionar o uso e a normalización da lingua galega, tanto dende a Xunta como dende concellos ou entidades culturais, lingüísticas e formacións políticas. Repasamos aquí algunhas delas, dende as reivindicacións a prol da oficialidade da lingua galega na Transición ás máis recentes apelacións a consumir produtos etiquetados en galego.
Información de Patricia García en La Voz de Galicia
Ana Corredoira de Granxa A Cernada, integrante da Cooperativa As Vacas da Ulloa en Palas de Rei (Lugo), unha rapaza nova cos pés na terra que aposta polo rural como medio de vida, definíndose como gandeira e labrega e defendendo e reivindicando a terra como medio para acadar un futuro; coas ideas moi claras aposta pola valorización do territorio e pola lingua galega como sinal de identidade dun produto feito en Galicia con calidade.
Carlos e Susa de A MeixoEira SCG, unha pequena explotación agropecuaria no Lugar de A Fraga-Sabugueiro no concello de Moaña (Pontevedra), que elabora queixos de cabra de excelente calidade que acadaron varios recoñecementos internacionais. Desde a súa actividade poñen en valor o rural galego como medio de vida e apostan pola lingua galega como sinal de identidade nas etiquetas dos seus produtos de calidade.
Raúl Méndez de Cervexas Nós (Vigo), fabricantes de cerveza artesanal que ofrecen ao mercado local e nacional cun sabor único e coa etiqueta en galego como sinal identitaria; coas ideas moi claras apostan por unha maneira de ser e facer galega que achega aos consumidores os seus produtos coa lingua propia de Galicia como marca de calidade.