Amosando publicacións coa etiqueta lusofonía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lusofonía. Amosar todas as publicacións

01/06/25

Eduardo Maragoto: "Quero contribuír a que mellore a cualidade dos textos en galego no seu conxunto"

Eduardo Maragoto (Barqueiro, Mañón, 1976), profesor de lingua portuguesa na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela, é o autor de Como ser reintegracionista sen que a familia saiba (30 leccións prácticas para aproximar o teu galego do portugués e non desobedecer á normativa oficial), o novo coleccionábel que edita Nós Diario. Un curso que se publicará durante o mes de xuño, de terzas a sextas feiras, en diferentes entregas que se obsequiarán co xornal. 

Información en Nós Diario 

25/04/25

Aquí tamén se fala: Xabier Díaz - Grândola, vila morena

 A voz de Xabier Díaz resoou no planetario de Náutica. Grândola Vila Morena. Palabras que romperon o silencio dos tempos escuros nunha radio lisboeta hai cincuenta anos, un 25 de abril de 1974, e que neste concerto trouxeron a luz á sombra do esquecemento.

15/07/23

Sérgio Tannus: "Ser brasileiro con acento galego é o mellor que me pasou na vida"

Sérgio Tannus é ante todo alegría, vitalidade, ponte. Chegou á Galiza despois de coincidir no seu país cos músicos Uxía, Pepe Sendón e NARF. Foi precisamente Fran Pérez quen lle advertiu: “Sérgio, o día que ti veñas á Galiza, non retornas ao Brasil máis”. E así foi. Canta, compón, toca e colabora con boa parte dos artistas galegos que constrúen día a día ponte coa lusofonía. Defínese a si mesmo como un brasilego total. A súa alma brasileira éncheo todo, pero sempre en continua aprendizaxe e fusión cos ritmos, acentos e maneiras de ser que hai aquí. Tannus está a piques de rematar un novo traballo discográfico, adicado ás mulleres e fiado pola poeta Rosalía Fernández Rial. Levará de nome Saga. 
 
Conversamos con el sobre como será este CD, pero tamén sobre toda a súa traxectoria musical e a súa filosofía de vida. Facémolo sentadas na parte de abaixo da Casa das Crechas, en Santiago de Compostela. Un lugar máxico, testemuña directa ao longo dos anos de boa parte dos pasos que foi dando na nosa terra.