Hoxe en Ao Son de... conversamos coa música Aida Tarrío de Tanxugueiras.
Falamos con ela nun #EncontroDialóxico da música que escoitaba cando era unha crianza, de como son os vínculos que establece coa súa comunidade de seguidoras e seguidores. Queremos coñecer a súa opinión sobre a música que se escoita na adolescencia e tamén cales son as súas pontes de relación co mundo do ensino.