José Miguel A. Giráldez, un dos coordinadores de Fisterras Atlánticas (Editorial Medulia), escolma literaria co Océano Atlántico de fondo, explica a estrutura da antoloxía de poetas galegos e Resto irlandeses e remata coa lectura do poema "Resposta de Scéine a Amergin" do irlandés Paddy Bushe.
02/12/20
01/12/20
Camiñantes do noso · Trailer
O día 20 de abril na primeira onda da pandemia o director do proxecto, Rubén Riós con pais de idade avanzada, estaba a ver o telexornal en familia. Nese momento viu nos seus pais unha mirada de total resignación. Foi entón cando pensou en qué podía facer para cambiar a mirada desa xeración que deu tanto por nós. De ahí xorde a idea de crear CAMIÑANTES DO NOSO facendo unha comparativa entre o Camiño da Vida e o Camiño de Santiago a través da mirada dos nosos maiores.
30/11/20
‘Usa a Lingua’: cinco días de música e ideas para estender o galego na mocidade
Este ano, por mor da pandemia, o encontro farase vía Instagram
Universidade de Vigo (Foto: Uvigo)
"No puedo corregir la redacción en gallego": denuncia nas redes da resposta dunha profesora universitaria a un traballo en galego
Outro exemplo do gran proceso que temos de normalización da nosa lingua en Galicia
O chío xerou centos de respostas nas redes sociais.
Corredor dunha facultade nun campus universitario (Foto: Europa Press)
O Liceo reafírmase como líder coa novena vitoria seguida
A escuadra coruñesa superou ao Noia (1-4)
O conxunto coruñés non ten rival na OK Liga.(Foto: HC Liceo).
Paula Dapena, a futbolista pontevedresa que deu as costas a Maradona
"Polas vítimas non se gardou un minuto de silencio. Así que, obviamente, non estou disposta a gardar un minuto de silencio por un abusador e non polas vítimas" comentou.
Paula Dapena, sentada no minuto de silencio (Twitter)
Lugo evoca a memoria colectiva en torno á Muralla no seu vixésimo aniversario como patrimonio da humanidade
Vista da Muralla de Lugo na contorna da Mosqueira, nunha das imaxes divulgadas polo Concello para celebrar o vixésimo aniversario da declaración como patrimonio da humanidade © Concello de Lugo
29/11/20
Flow no camarín - Rachando estigmas no rap, o trap e a regueifa
O rap, o trap, a regueifa ou o reguetón son expresións nacidas do pobo; e como case todo o que xorde de abaixo cara a arriba, e non ao revés, foron xéneros estigmatizados.
28/11/20
Camiño de Nós
O Camiño de Nós é a ruta de peregrinación de Ourense a Santiago que fixeron Vicente Risco, Otero Pedrayo e outros membros do Grupo Nós durante o Ano Santo de 1926. Case un século despois, Estíbaliz Veiga sóbese á bicicleta para percorrer este itinerario, que xa empregaban os arrieiros do medievo para transportar o viño do Ribeiro a Compostela.
Durante a súa viaxe, a nosa presentadora terá ocasión de voar un dron sobre o mosteiro de Carboeiro, descubrir os segredos do pazo de Oca e gozar das termas de Outariz. Tamén terá ocasión de achegarse á fervenza do río Barbantiño, coñecer o funcionamento dun muíño artesán de Lalín e facer o ascenso en bicicleta ao Pico Sacro.
Pazo de Oca (concello da Estrada) un dos puntos que atravesa o Camiño de Nós
Margarita Ledo - Cinema, Feminismo e Clase
´Nación', o novo filme de Maragrita Ledo, vén de estrearse e de ser premiado no Festival de Sevilla. A intelectual e cineasta reflexa "a participación na loita política das mulleres" o que converte a 'Nación' "nun filme de clase e no que imos coñecer moitas cuestións que foron esvaendo". A partir desta fío, que abrimos coa obra 'Nación', conversamos con Margarita Ledo sobre a clase traballadora, os feminismos e o cinema.
Levo milenios de memoria entre os meus beizos | Manuel Gago | LGx15
A lingua galega é unha prodixiosa interface para comunicarnos non só coas persoas que nos rodean, senón tamén para levar connosco a todos aqueles que nos precederon. Na miña presentación, amoso como a lingua ten anacos íntimos que nos explican de onde vimos e nos permiten revelar secretos invisibles do territorio no que vivimos.
--- Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) é xornalista, profesor universitario e escritor. Dirixe culturagalega.gal, a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega, é profesor na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago e editor de Capítulo Cero, un blog sobre comunicación, cultura e divulgación científica. A súa última novela é "O exército de fume" (Xerais, 2018). Foi comisario da exposición "Galicia, un relato no mundo" (Museo Gaiás, 2019).
--- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Agustín Magán | Centro Sociocultural de Santa Marta | Santiago de Compostela | 3 de outubro de 2020 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal
O país dos nomes infinitos
O Souto da Vila, Folarón, Bouzaricas, Ventevexo, O Pilón... Galiza conta cunha riqueza toponímica única. Non hai cifras sobre cantos nomes de fontes, leiras ou rochas pode haber. Estímase que ao redor de dous millóns, Filgueira Valverde dicía que máis de tres. O certo é que con cada persoa que morre, van con ela historias e lugares que cómpre recuperar. Falamos da conservación da microtoponimia galega con Vicente Feijóo, coordinador do Galicia Nomeada e membro do Seminario de Onomástica da RAG, con Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística e con Xoán García Porral, coautor de 'A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda' canda o IES Pintor Colmeiro e o Museo do Pobo Galego.
27/11/20
Maltine. No 'interior noite' do rock alternativo
Información de Andrea Bértolo en Vinte de Praza Pública
Pepe Hombre e Rocío Barrio son os roqueiros detrás de Maltine. © Pepe Hombre
Viño de coca fabricado por Maltine Manufacturing Company (Nova York). Dominio Público .
Joe Biden, presidente: malas novas para Boris Johnson?
Información Té con gotas en Praza Pública
Boris Johnson e Donald Trump Dominio Público The White House
A crise da COVID incrementa a dependencia económica das mulleres vítimas de violencia machista cos agresores
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Manifestación feminista en Vigo, nunha imaxe de arquivo Dominio Público MNG
O trámite da creación da primeira universidade privada retorna a Galicia co apoio garantido da Xunta
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Sede do IESIDE na Coruña, que acollería un dos campus da futura universidade © Afundacion
POR QUE REMO?
O remo de banco fixo é un deporte tradicional do norte da península ibérica. Hoxe falo unh pouco das partes técnicas deste así como a minha experiencia persoal practicándoo a nivel competitivo or máis dunha década.
26/11/20
CREADORAS MILENIALS GALEGAS: Carlos Lixó | olaxonmario
"CREADORAS MILENIALS GALEGAS" é a nova sección da minha canle onde irei invitando esporadicamente xentinha que crea cousas a que conten algo da súa obra, da súa vida ou whatever. Hoxe tiven o pracer de que Carlos Lixó, historiador, poeta e senhor de Carreira (Ribeira) vinhera a falar un pouco do seu poemario "As Casas" (2018), merecedor do Pérez Parallé de poesía, da creación artística, do inmovilismo da historia galega recente e de ser "mariquitis".
25/11/20
APELIDOS E TOPÓNIMOS DETURPADOS (con Carlos Lixó)
A conservación da toponimia goza de gran respaldo e respecto por parte da poboación, algo que non pasa cos apelidos. Aínda que moitos destes sexan orixinariamente topónimos, as súas formas deturpadas están totalmente normalizadas no noso día a día. Hoxe, o Carlos Lixó veu falar sobre a orixe dos apelidos, do proceso de castelanización na Galiza e como facer para RESTAURAR a súa forma orixinal.
24/11/20
23/11/20
E falarei como eu queira, ou? | Esther Estévez | LGx15
Intervención de Esther Estévez no LGx15 de 2020. Preséntase da seguinte maneira:
22/11/20
O enésimo plan da Xunta para o sector leiteiro choca coas críticas polos baixos prezos e o peche de explotacións
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Visita de Alberto Núñez Feijóo ás instalacións do Grupo Leche Río © Xunta
As vacinas de Pfizer e Moderna contra a COVID, entre a esperanza e a cautela: "falta moita información"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Os anuncios de Pfizer e Moderna foron recibidos con alegría por parte da comunidade científica, pero tamén cunha certa dose de cautela, pois é aínda moito o que se descoñece sobre estes proxectos CC-BY Christian Emmer
21/11/20
@Destapando_Casares
Unha nova conta de Instagram promete revelar todos os segredos das persoas que conviven na Universidade Carlos Casares, creando un clima de desconfianza no que todos se preguntan… quen é o da conta?
O cole que mola (Cea). Onde a lingua sabe a pan
"O Cole Que Mola" é a canción do 50 aniversario do Cole de Cea. Un cole rural, cheo de vida, que quere seguir así por moitos anos máis. Unha comunidade escolar unida que quere medrar, con máis alumnado, máis familias e máis profesorado. Esforzándose cada día por mellorar a calidade educativa e a convivencia.
Petróglifos de Galicia: arte, pobo e terra
A arte rupestre galega é unha das máis ricas e singulares de toda Europa. Ata o de agora, catalogáronse arredor de 3.000 petróglifos mais calcúlase que poderían chegar a ser 8.000. Este patrimonio, moi vinculado coa nosa identidade como pobo, habita nos nosos montes. Os lumes forestais, e as carencia da ordenación do territorio, convértense nun dos principais obstáculos á hora de conservar e coidar a nosa arte prehistórica.
20/11/20
19/11/20
Adianto do LGx15 de 2020
Velaquí un adianto nun minuto e medio do #LGx15 de 2020, coas ideas, reflexións, experiencias e propostas de Ángel Carracedo, Manuel Gago, Esther Estévez, Adrián Dios, Laura Marín, Verto e Beatriz Campos.
--- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Agustín Magán | Centro Sociocultural de Santa Marta | Santiago de Compostela | 3 de outubro de 2020 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal
TANXUGUEIRAS - Desposorio (Videoclip Oficial)
Videoclip do tema Desposorio do disco 'Contrapunto' de Tanxugueiras, un canto que reflexiona sobre a situación da muller na nosa sociedade e sobre o seu empoderamento a través de letras tradicionais que se cantan dende antigo na xeografía galega.
18/11/20
Unha feira virtual sobre "proxectos de vida feminista"
Laborando 2 non é só unha feira sobre muller e o mundo laboral. Vai moito máis alá, cara a reflexión de aspectos integrais dos feminismo en todas as esferas da vida. Desta volta as actividades son virtuais e duran 15 días.
Un estudo abordará en Galicia a interacción entre a zostera e o marisqueo
As científicas Celia Olabarría e Elsa Vázquez, do grupo Ecoloxía Costeira da UVigo, dirixen unha investigación para analizar o impacto destas pradarías mariñas.
O proxecto ZEUS abordará a situación das pradarías de zostera en áreas con actividade marisqueira. Foto: Duvi.
17/11/20
Investigadores galegos preparan un software para imprimir fármacos en 3D
Varios científicos das universidades da Coruña e Santiago colaboran co University College London nun artigo en "International Journal of Pharmaceutics".
Gilberto Pérez, Brais Muñiz e Álvaro Goyanes, investigadores implicados no desenvolvemento do software. Foto: CiTIC/FabRx,
16/11/20
Verto-Ambiente
O dúo compostelán volve a sorprender coa canción reciente; esta vez desafiando o toque de queda.
Ezetaerre - Mao a mà (con Júlia Serrasolsas) - Videoclip
Son novas e precarias, de aí vén a súa necesidade de organizarse. Móvense pola nostalxia, o amor, a amizade, a familia... a vontade de construír unha sociedade rexida por outros valores. Teñen moi claro que non van decaer na súa loita. Júlia e Juan, man a man, como parte das mozas desposuídas que, no medio da barbarie, son a esperanza.
15/11/20
Feijoo empurra o galego no ensino de volta cara á ruptura que promoveu en 2009
Información de David Lombao en Praza Pública
Se houbese que situar no calendario o momento en que o PP galego decidiu dar un volantazo e romper os consensos en materia lingüística dos que o propio partido participara, é posible que a memoria política do país -caso de existir- sinalase o 8 de febreiro de 2009. Ás portas da campaña electoral galega, boa parte da cúpula da formación manifestouse en Santiago xunto a unha asociación denominada Galicia Bilingüe, que baseaba a súa existencia na denuncia dunha suposta persecución da lingua castelá en Galicia en xeral e nas aulas en particular. Naquela manifestación non participara Alberto Núñez Feijóo, que elixira esa fin de semana para celebrar actos de precampaña en Sudamérica.
Presentación do acordo sobre o novo decreto do galego no ensino, en febreiro de 2007, e fragmento da norma aprobada catro meses despois CC-BY-SA Foto: Xunta | Montaxe: Praza Pública
Os peregrinos seguen chegando a Santiago dúas semanas despois do peche da cidade polo coronavirus
Información de David Reinero en Praza Pública
Peregrinos ante a Oficina do Peregrino de Santiago este xoves 12 de novembro CC-BY-NC-SA Praza Pública
O equipo dun científico galego converte un veleno de avespa nun antibiótico
César de la Fuente, da Universidade de Pennsylvania, lidera un estudo publicado en PNAS que reprograma a substancia e próbaa en modelos animais.
Información de Manuel Rey en GCiencia
César de la Fuente, investigador e profesor da Universidade de Pennsylvania. Foto: upenn.edu.
14/11/20
O que NON sabes do PRESTIGE 🚢 ⚓️ [Subs en Cast]
O 19 de novembro cúmprense 18 anos do afundimento do Prestige. Pese a ser peor accidente medioambiental de España e o 3º máis caro da historia, moitos detalles pasáronse por alto.
13/11/20
A Serra do Xistral, a vida na terra en común
Entre o Cantábrico e a néboa, álzase a Serra do Xistral no norte da provincia de Lugo. É posíbel o desenvolvemento económico co coidado da terra? Que camiños de futuro percorren o rural galego? Adentrámonos na Serra do Xistral da man da comunidade de montes, das Universidades de Compostela e da Coruña e da Deputación para descubrir a semente da vida na terra en común.
12/11/20
As miradas de Isaac (2020) | Videoinstalación de Cecilia Díaz Betz e Jordi Cussó
A exposición conmemorativa do centenario do nacemento do artista, intelectual e humanista galego, Isaac Díaz Pardo (1920-2020), ‘As miradas de Isaac’, conta cun espazo central vertebrador do resto das seccións, no que se proxecta esta peza audiovisual de creación, dirixida pola fotógrafa e xornalista cultural Cecilia Díaz Betz en colaboración co realizador Jordi Cussó. Unha videoinstalación envolvente creada a partir de materiais de arquivo na que se propón un encontro con Isaac, sendo el mesmo quen nos relata en primeira persoa a súa vida e obra. Unha forma radicalmente diferente de reivindicar e lembrar a figura de Díaz Pardo, máis acorde coa súa propia visión vangardista, na que se quere revivir o seu universo e o seu espírito sempre aberto, tanxencial e polifacético.
11/11/20
Ezetaerre - Á volta da lúa (con Marta Espinosa) - Videoclip
Esta é unha canción que sae da enorme escala de grises que hai entre o branco e o negro, do espazo a construír entre as falsas promesas de baixar a lúa e a falsa liberdade que agocha a dor. Damos a volta á lúa para recoñecer as emocións, a vulnerabilidade e a vontade de conexión entre persoas baixo a empatía de saber que as relacións producen afectacións. Despedímonos por un tempo, pero voltaremos da lúa.
10/11/20
Verónica Boquete ficha polo Milan
A futbolista galega deixa a liga dos EUA para incorporarse ao histórico equipo italiano logo de xogar tamén no PSG, Bayern de Múnic, Tyresö ou Frankfurt.
Os XXIV Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras e gañadores
‘Bernarda’, de Malasombra, faise con catro galardóns: espectáculo, dirección, texto orixinal e actriz secundaria. Pola súa banda, ‘O meu mundo non é deste reino’, de Teatro da Ramboia, leva dous premios (dirección e adaptación-tradución) ao igual que ‘Liberto’, de Rebordelos, que gaña o premio á actriz protagonista e música orixinal
‘Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos’ , de Avento, leva o premio ao mellor espectáculo infantil.
‘Idiota’, de Redrum Teatro; ‘Neorretranca e posmorriña’, do CDG; ‘MedidaxMedida’, de Excéntricas; ‘O empapelado amarelo’, de A Quinta do Cuadrante; ‘Vida de Cans’, de Talía Teatro, e ‘Despois das ondas’, de Butacazero, reciben un premio María Casares.
Información en premios María Casares
De grelos, nabos, nabizas e lesmas con Cruz Piñón
Unha das mulleres de Teño unha horta en San Sadurniño, Cruz Piñón, conta en primeira persoa como diferenciar grelos de nabizas ou nabos, e mais un truco que todo aquel que teña unha horta debería coñecer. Agardo que o disfrutedes...
09/11/20
08/11/20
Mundo 'gamer' en Galicia, con Luz Castro
Luz Castro recomenda Galician Gamer, Recuncho Gamer as canles de Twich en galego e tamén fala de organizacións de Galiciaesports.com e kingsdragon.es, que organiza a competición de escape room en liña 'El secreto de Verne'.
A vespoidea de Carolina Martínez: o Proxecto Bivalvo
Onde van as cunchas do mexillón despois de comelo? O Proxecto Bivalvo busca dar unha saída sustentable ás toneladas de residuos de mexillóns que se xeran cada ano. A protagonista deste segundo programa do Inventario de Vespoideas é Carolina Martínez.
07/11/20
Ofimático: remendar unha desfeita
O Parque Ofimático é un dos proxectos urbanísticos e especulativos herdados de Fraga e Paco Vázquez que levou con el a casa e o proxecto de vida de moitas familias.
Tesouros nun souto
Na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses habitan grandes tesouros. Nos montes de Cervantes, Navia e Becerreá érguense hectáreas de soutos que camiñan cara unha xestión colectiva. Falamos do proxecto de recuperación, conservación e aproveitamento económico sostible dos soutos que impulsa nesta zona a Deputación de Lugo xunto coa veciñanza.
Marcha lúdica e cargada de retranca pola devolución da Casa de Cornide
A Xunta asegura que será "aliado" do Concello de Coruña para traballar na declaración BIC do inmoble.
Información en Galicia Confidencial
A mocidade do Bierzo “axita” o futuro dunha comarca da que non quere marchar
O apego á terra de varios estudantes que residían en Madrid plantou a semente da actual asociación El Filandón Berciano. Buscan crear oportunidades para non ter que migrar, tecer comunidade entre eles e non esquecer a tradición.
Varios membros da asociación El Filandón Berciano | LX
GaleTiktokers, un certame para estimular a creatividade en galego entre a mocidade
A Consellería de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames pon en marcha o GaleTiktokers, un novo certame co que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers.
Información en Galicia Confidencial
Autónomos e pandemia
Asistimos estes días a algo insólito, a concentración de autónomos nas prazas públicas do país reclamando políticas de apoio. Nas últimas décadas eles pecharan comercios e bares ao paso das mobilizacións do naval en solidariedade cos obreiros, no que parecía un recoñecemento mutuo, ao fin, de seren clase traballadora.
Información en Galicia Confidencial
Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral días despois de que a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) solicite ao Ministerio de Traballo un subsidio de 426 euros para autónomos. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Malestar entre a comunidade educativa: os casos sospeitosos teñen que ir ás aulas
As mudanzas que introduciu nos últimos días a Consellaría de Educación a respecto dos protocolos relativos á Covid-19 nos centros de ensino está a causar malestar entre a comunidade educativa. A última: os casos sospeitosos de coronavirus teñen que ir ás aulas en caso de ser alumnado ou profesorado.
Anselmo López Carreira: "Sánchez Albornoz e Castelao representan visións contrapostas da historia medieval"
Durante moito tempo, a existencia do reino da Galiza pasou desapercibida para a historiografía dominante. Aínda sendo discutíbel o seu significado desde o punto de vista político, á luz da documentación é innegábel que houbo unha entidade chamada Gallaecia que ocupou unha posición de centralidade na Idade Media no aspecto demográfico ou territorial. Anselmo López Carreira é coautor, xunto con Xosé Miguel Andrade, da última das achegas que analizan esta realidade, o libro O Reino Medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria (Xerais). Publicamos unha longa entrevista con el no semanario Sermos Galiza.
Entrevista de Montse Dopico en Nós Diario
Anselmo López Carreira (Imaxe: Mark Zlick/Arquivo AELG).