25/11/20

APELIDOS E TOPÓNIMOS DETURPADOS (con Carlos Lixó)

 A conservación da toponimia goza de gran respaldo e respecto por parte da poboación, algo que non pasa cos apelidos. Aínda que moitos destes sexan orixinariamente topónimos, as súas formas deturpadas están totalmente normalizadas no noso día a día. Hoxe, o Carlos Lixó veu falar sobre a orixe dos apelidos, do proceso de castelanización na Galiza e como facer para RESTAURAR a súa forma orixinal.