21/11/20

O cole que mola (Cea). Onde a lingua sabe a pan

 "O Cole Que Mola" é a canción do 50 aniversario do Cole de Cea. Un cole rural, cheo de vida, que quere seguir así por moitos anos máis. Unha comunidade escolar unida que quere medrar, con máis alumnado, máis familias e máis profesorado. Esforzándose cada día por mellorar a calidade educativa e a convivencia.