10/11/20

Os XXIV Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras e gañadores

‘Bernarda’, de Malasombra, faise con catro galardóns: espectáculo, dirección, texto orixinal e actriz secundaria. Pola súa banda, ‘O meu mundo non é deste reino’, de Teatro da Ramboia, leva dous premios (dirección e adaptación-tradución) ao igual que ‘Liberto’, de Rebordelos, que gaña o premio á actriz protagonista e música orixinal

‘Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos’ , de Avento, leva o premio ao mellor espectáculo infantil.

‘Idiota’, de Redrum Teatro; ‘Neorretranca e posmorriña’, do CDG; ‘MedidaxMedida’, de Excéntricas; ‘O empapelado amarelo’, de A Quinta do Cuadrante; ‘Vida de Cans’, de Talía Teatro, e ‘Despois das ondas’, de Butacazero, reciben un premio María Casares.

Información en premios María Casares