01/12/20

Camiñantes do noso · Trailer

 O día 20 de abril na primeira onda da pandemia o director do proxecto, Rubén Riós con pais de idade avanzada, estaba a ver o telexornal en familia. Nese momento viu nos seus pais unha mirada de total resignación. Foi entón cando pensou en qué podía facer para cambiar a mirada desa xeración que deu tanto por nós. De ahí xorde a idea de crear CAMIÑANTES DO NOSO facendo unha comparativa entre o Camiño da Vida e o Camiño de Santiago a través da mirada dos nosos maiores.