11/11/20

Ezetaerre - Á volta da lúa (con Marta Espinosa) - Videoclip

 Esta é unha canción que sae da enorme escala de grises que hai entre o branco e o negro, do espazo a construír entre as falsas promesas de baixar a lúa e a falsa liberdade que agocha a dor. Damos a volta á lúa para recoñecer as emocións, a vulnerabilidade e a vontade de conexión entre persoas baixo a empatía de saber que as relacións producen afectacións. Despedímonos por un tempo, pero voltaremos da lúa.