28/11/20

O país dos nomes infinitos

 O Souto da Vila, Folarón, Bouzaricas, Ventevexo, O Pilón... Galiza conta cunha riqueza toponímica única. Non hai cifras sobre cantos nomes de fontes, leiras ou rochas pode haber. Estímase que ao redor de dous millóns, Filgueira Valverde dicía que máis de tres. O certo é que con cada persoa que morre, van con ela historias e lugares que cómpre recuperar. Falamos da conservación da microtoponimia galega con Vicente Feijóo, coordinador do Galicia Nomeada e membro do Seminario de Onomástica da RAG, con Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística e con Xoán García Porral, coautor de 'A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda' canda o IES Pintor Colmeiro e o Museo do Pobo Galego.