Son novas e precarias, de aí vén a súa necesidade de organizarse. Móvense pola nostalxia, o amor, a amizade, a familia... a vontade de construír unha sociedade rexida por outros valores. Teñen moi claro que non van decaer na súa loita. Júlia e Juan, man a man, como parte das mozas desposuídas que, no medio da barbarie, son a esperanza.