28/11/20

Camiño de Nós

 O Camiño de Nós é a ruta de peregrinación de Ourense a Santiago que fixeron Vicente Risco, Otero Pedrayo e outros membros do Grupo Nós durante o Ano Santo de 1926. Case un século despois, Estíbaliz Veiga sóbese á bicicleta para percorrer este itinerario, que xa empregaban os arrieiros do medievo para transportar o viño do Ribeiro a Compostela.

Durante a súa viaxe, a nosa presentadora terá ocasión de voar un dron sobre o mosteiro de Carboeiro, descubrir os segredos do pazo de Oca e gozar das termas de Outariz. Tamén terá ocasión de achegarse á fervenza do río Barbantiño, coñecer o funcionamento dun muíño artesán de Lalín e facer o ascenso en bicicleta ao Pico Sacro.

Ver programa na TVG 


Pazo de Oca (concello da Estrada) un dos puntos que atravesa o Camiño de Nós