Amosando publicacións coa etiqueta xornalismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xornalismo. Amosar todas as publicacións

12/12/23

Radio Monelos Novas. Do 12 ao 18 de Decembro

 O alumno de 1º bacharelato D do IES Monelos presenta as novas desta semana.

SUMARIO:

1. Incautados 7.200 quilos de cocaína na Coruña.

2. Conflito entre China e Filipinas polo control do mar.

3. Discusión no goberno español polas prestacións por subsidio de desemprego.

4. Declaracións desafortunadas de Santiago Abascal, líder de Vox, sobre o presidente do goberno.

26/11/23

Palestina

Interesante reflexión sobre o conflito palestino que fai en La Voz de Galicia o presidente da Real Academia Galega Víctor F. Freixanes.

Unha lectura recomendada Miguel-Anxo Murado que estivo como reporteiro en Palestina fai un par de décadas pero que segue vixente hoxe en día Fin de século en Palestina.

Información de Víctor F. Freixanes en La Voz de Galicia

MOHAMMED SABER | EFE

Miguel-Anxo Murado Fin de século en Palestina

Gciencia: así somos

Gciencia naceu en 2013 coa vocación de facer divulgación a través do xornalismo. Galardoado con premios tan relevantes como o Prismas ou o da Crítica de Galicia, e cunha comunidade de seguidores de máis de 130.000 persoas, o portal da ciencia galega fixo 10 anos o 25 de novembro de 2023. Neste vídeo mostrámonos aos nosos lectores tal e como somos.
 

23/11/23

Radio Monelos Novas. (Información do 15 ao 21 de Novembro)

Neste curso 2023-2024 inaugurase en Radio Monelos un novo espazo de novas. Presentamos a información do 15 ao 21 de Novembro redactada polo alumno de 1º de Bacharelato Alejandro Lorenzo Naya. Na locución participan Elías Pardo Fernández (1º ESO B) e o propio redactor.

Sumario:

Internacional: Victoria de Javier Milei nas eleccións presidenciais de Arxentina.

España: Investidura de Pedro Sánchez como Presidente e designación do novo Goberno.

Local: Demolición das vivendas do chaflán Ronda de Outeiro-Pérez Ardá.

11/02/23

Resumo do minifestival do Día dos medios en Galego

 Este xoves 9 de febreiro de 2023 a AMEGA celebrou na Sala Capitol o Día dos Medios en Galego cos concertos de Grande Amore e Ortiga. Cheo completo para comprobar a conexión da mocidade coa música na nosa lingua.