Amosando publicacións coa etiqueta xacobeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xacobeo. Amosar todas as publicacións

02/05/22

David Perdomo percorre varias etapas do Camiño de Santiago desde Pedrafita do Cebreiro ata Compostela. Ao longo do traxecto, comenta cun enfoque persoal e humorístico as súas experiencias, impresións, vivencias, opinións e reflexións sobre a peregrinación xacobea: paisaxes, gastronomía, cultura, motivacións... 
Son catro xornadas que dan como resultado final dúas pílulas audiovisuais destinadas en especial ao público xuvenil. Os vídeos están dirixidos por Lucas Terceiro e Marga Pazos.
 

15/04/22

A chegada de peregrinos no comezo de 2022 volve ser como a do último ano antes da pandemia

 Información de David Reinero en Praza Pública



06/04/22

Melodía a Compostela. No Majors - 3

 Webserie documental de 6 episodios, de 10 minutos cada un, sobre a música no Camiño de Santiago. En cada capítulo, Benxamín Otero entrevista diferentes especialistas (músicos, musicólogos, frades, historiadores, luthiers, promotores etc.) para introducir o espectador no universo musical que rodea o Camiño. 

A docuserie ten como obxectivo difundir o patrimonio musical que impregna a Ruta Xacobea desde o seu inicio ata a actualidade; promover, en xeral, o patrimonio cultural galego (sobre todo o relacionado coa música, as artes plásticas, a artesanía e a lingua); promover o fenómeno do Xacobeo e os Camiños de Santiago e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural de calidade.

29/01/22

Unha ducia de lembranzas de mar e pedra na mostra 'O camiño portugués'

 Información Praza Pública

A Cidade da Cultura acolle ata o 17 de abril un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués tecendo un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. Escollemos unha ducia de imaxes da mostra O camiño portugués, lembranzas de mar e pedra.


 

26/01/22

Melodía a Compostela. No Majors - 2

 Webserie documental de 6 episodios, de 10 minutos cada un, sobre a música no Camiño de Santiago. En cada capítulo, Benxamín Otero entrevista diferentes especialistas (músicos, musicólogos, frades, historiadores, luthiers, promotores etc.) para introducir o espectador no universo musical que rodea o Camiño. 

A docuserie ten como obxectivo difundir o patrimonio musical que impregna a Ruta Xacobea desde o seu inicio ata a actualidade; promover, en xeral, o patrimonio cultural galego (sobre todo o relacionado coa música, as artes plásticas, a artesanía e a lingua); promover o fenómeno do Xacobeo e os Camiños de Santiago e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural de calidade.

09/12/21

As aventuras de Floreano e Monchiña no Camiño de Santiago

 Adianto da serie de animación do mesmo título. Dirixido da todos os públicos, está protagonizada polos famosos personaxes creados por J. A. Rodríguez (Gogue), co gallo do 30 aniversario da publicación das súas tiras no Faro de Vigo.

03/12/21

O Camiño Portugués. Boneca Lareta - Capítulo 6

 


O Camiño Portugués. Boneca Lareta - Capítulo 5

 Serie documental de seis capítulos para cadansúa etapa do Camiño Portugués: Rubiães-Tui, Tui-Redondela, Redondela-Pontevedra, Pontevedra-Caldas de Reis, Caldas de Reis-Padrón, Padrón-Santiago de Compostela.

14/11/21

O Teu Camiñar - Carolina Rubirosa

 Video clip de promoción do Camiño Inglés protagonizado por Julia Baird, irmá de John Lennon, e Carolina Rubirosa, autora da canción. Inclúe imaxes gravadas na Abadía de Finchale, Ferrol, A Coruña, Hospital de Bruma e Santiago de Compostela 

 


24/10/21