Amosando publicacións coa etiqueta televisión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta televisión. Amosar todas as publicacións

03/11/23

Margot Sponer, a primeira tese sobre o galego na resistencia de Berlín - #Nosoutras

A finais de 1926, a alemá Margot Sponer chega a Galiza e percorre a cabalo as vilas e aldeas do país para completar as súas investigacións sobre a lingua galega. O paso da lingüista polo noso país deixa multitudes de anécdotas e de relacións afectivas que continuarán ao longo do tempo. O mesmo Vicente Risco volverá ver a Sponer na súa viaxe a Berlín en 1930 e alí poderá ver en primeira persoa como Margot prepara a súa tese sobre o galego antigo. 
 

Receita de lumbrigante ao forno con allo e perexil

 

14/10/23

Pedro Puy: "A figura de Fernández Albor marcou o carácter do Partido Popular de Galicia"

Pedro Puy, en 1962, é doutor en Dereito, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago e tamén un político destacado dentro das filas do Partido Popular de Galicia. Ocupa o seu primeiro cargo en 2002, como director xeral de Relacións Institucionais da Consellaría de Presidencia e Secretario da Comisión Mixta de Transferencias. Máis adiante, no 2009, entra como deputado no Parlamento de Galicia onde chega a ser voceiro de economía e portavoz do grupo parlamentario. Dede o 2023, o seu labor político continúa dentro do Partido Popular mais, desta volta, nas cortes do Congreso en Madrid. 
 

07/10/23

Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos

 En 1923 fúndase o Seminario de Estudos Galegos co impulso dunha parte do estudantado da Universidade de Compostela, como Fermín Bouza-Frey ou Xosé Filgueira Valverde, que contaban coa colaboración de profesores como Armando Cotarelo, e ao que se sumaron intelectuais do galeguismo e profesionais, como Isidro Parga Pondal que encabezará a sección de Xeoquímica. 

Con máis de 200 socios e socias activas e arredor de 400 persoas que actuaban de protectoras, o obxecto de estudo do SEG foi Galiza no seu conxunto. A metodoloxía céntrase na investigación de campo, nas denominadas xeiras, e a publicación 'Terra de Melide' é froito deste enfoque integral e multidisciplinar. 

O golpe de 1936 marca diferentes destinos para quen integra o SEG que, finalmente, é disolto en 1941. 

Con motivo do centenario da súa fundación, Nós Televisión produce este documental sobre esta institución que foi clave para o noso país. No audiovisual percórrese a historia do Seminario a través do seu legado e das persoas que nos poden contar del. Todo, coa colaboración especial da USC e co apoio do Museo de Pontevedra, Concello de Santiago, Concello de Ames e Xunta de Galicia.