Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

29/04/23

Representación teatral de "Brokebak Sabucedo": "Do que estamos falando, en realidade, é de que a diversidade sexual humana é infinita"

Unha historia semellante á do filme Brokeback Mountain, mais situada na rapa das bestas de Sabucedo. Foi o punto de partida de Brokeback Sabucedo, a obra que a compañía Sal do Teatro vén de preestrear no centro sociocultural de Santa Marta, en Santiago. Mais o proxecto acabou sendo bastante máis. Unha reflexión sobre o peso do amor romántico e dos mandados do patriarcado en canto a relacións e roles masculinos. Unha reivindicación do dereito a vivir a sexualidade en liberdade fóra dos clixés e tamén dos binarismos, mesmo daqueles que tamén afectan ás persoas que poden crerse revisadas. Falamos con Borja Salgado, fundador da compañía e intérprete desta obra, con Rocío Romero, directora da peza e con Santiago Telmo, autor do texto e tamén intérprete de Brokebak Sabucedo.

Información en Praza Pública

Borja Salgado e Santiago Telmo, caracterizados como Rafa e Roi, en Sabucedoc © Álex Sobrino
 

16/03/23

Andrea Pousa, cantante e actriz - Superheroínas - Novas voces para a lingua

A cantante e actriz Andrea Pousa é unha das sete protagonistas da serie 'Superheroínas', producida pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela no marco da segunda edición do proxecto 'Novas voces para a lingua'. 

A serie foi dirixida por José Manuel Diego Ferreira, alumno de Xornalismo, e protagonizada pola cociñeira Lucía Freitas, a poeta Alba Cid, a creadora de videoxogos Laksmy Irigoyen, a xornalista Esther Estévez, a instagramer Paula Jorge, a fotógrafa Antía Castro e a propia Andrea Pousa. 

A proposta dálle continuidade a 'Novas voces para a lingua', cuxa primeira serie, 'Conseguiremos', tamén pode verse na canle de Youtube da RAG.

17/02/23

Dramatización da obra "A rateira" de Agatha Christie (1º Acto 2ª Parte)

Actividade realizada polo alumnado de 4º ESO do IES Monelos sobre a obra de Agatha Christie "A  Rateira" (1º Acto 2ª Parte)


 Relación de personaxes e voces:

Presentación: Nina Varela Ota

Voz alumna: Victoria Caraballo Hernández

Voz Radiofónica: Lucas Eiroa Osoro

Acoutamentos: Nina Varela Ota

Mollie: Martina Iris Estévez Domíguez

Giles: Anxo Vázquez Seoane

Christopher: Pablo Barro García

Sra. Boyle: Amalia García Blanco

Srta. Caswell: Victoria Caraballo Hernández

Comandante Metcalf: Lucas Eiroa Osoro

Paravicini: Enrique Alonso Fúster

Trotter: Iago Romero Budiño

11/02/23

Entrevista a Baltasar Patiño, director de "Pussy Cake": "Non traballo para cumprir expectativas, nin para dar sosego, nin para provocar"

 As cousas acontecen a un ritmo brutal en Pussy Cake, o espectáculo que Baltasar Patiño montou a partir dos autorretratos de Francesca Woodman. Sobre o escenario ou, no patio de butacas, as intérpretes son pura enerxía mentres as luces e a música se suceden, tamén, frenéticas. Potentes. Sen transición. Patiño crea, coa axuda de Rut Balbís e Nuria Sotelo nas coreografías, un dispositivo escénico que transformou o Teatro Principal de Santiago noutra cousa na que todo podería suceder. Sen ataduras conceptuais. Mais cunha forza, a xerada polo traballo das bailarinas, que pode interpretarse como un movemento máis alá do apoderamento feminino. Porque, que pasará cando o machismo quede tan atrás que só quede rir dos machirulos? Ou cando o corpo sexa exposto, tamén para o goce, mais sen que caiba unha lectura patriarcal? Falamos con Baltasar Patiño. 

Información en Praza Pública

Andrea Dunia, na estrea de Pussy Cake, de Matarile Teatro © Manuel Silva / Matarile Teatro

25/11/22

Tras o pano: profesionais do sector cultural (Teatro)

Tres vídeodocumentais que pretenden amosar todo o traballo que hai detrás dos espectáculos culturais e pór en valor a función de todos os traballadores que están por tras dos escenarios, cuxo labor é fundamental para que os artistas poidan dar a coñecer as súas pezas. Cada capítulo está centrado nunha área temática diferente: teatro, cine e música.
 

03/11/22

Radio Monelos: María Casares

Programa realizado pola Biblioteca escolar do Centro

No centenario do nacemento da actriz coruñesa.

Na locución participa o alumnado de 2º ESO A Antía Anca Campos, Martín Jaspe Rodríguez e Celia Remeseiro Grau.