Amosando publicacións coa etiqueta publicidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta publicidade. Amosar todas as publicacións

20/02/22

O SABOR DA GALEGUIDADE - Catrineta

 Que as empresas deben enraizarse na realidade territorial e cultural do país no que están asentadas é un feito constatable, e en Galicia son cada vez máis as que practican esa filosofía económica. Os produtos galegos son recoñecidos nos mercados pola gran calidade da súa materia prima; se a esa calidade engadimos a lingua galega nas etiquetas e publicidade estaremos creando unha marca propia definitoria dunha maneira de ser e de facer. 

Porque o plurilingüísmo é un feito que define un mundo diverso e poliédrico onde as empresas para ser diferenciadas nos mercados e non perderse na globalidade, deberán sinalar a súa produción cunha marca de calidade propia, e o uso da lingua galega na etiquetaxe forma parte desa marca diferenciada. 

Presentar á cidadanía os produtos que saen da terra etiquetados na nosa lingua é un plus de identidade que o consumidor agradece e apoia, porque reforza e valora os esforzos dos produtores por achegar aos consumidores produtos de calidade. 

A campaña O Sabor da Galeguidade acerca á cidadanía a varios produtores galegos que apostan pola lingua galega para etiquetar os seus produtos de alta calidade, poñéndoos nos mercados nacionais e internacionais cun marchamo de identidade como garantía de orixe.

14/02/22

Promocionando o IES Monelos

 Traballos publicitarios elaborados polo alumnado de 1º de bacharelato no curso 2021-2022 por iniciativa do departamentode Música.

13/02/22

O SABOR DA GALEGUIDADE - Maruxio

 Que as empresas deben enraizarse na realidade territorial e cultural do país no que están asentadas é un feito constatable, e en Galicia son cada vez máis as que practican esa filosofía económica. Os produtos galegos son recoñecidos nos mercados pola gran calidade da súa materia prima; se a esa calidade engadimos a lingua galega nas etiquetas e publicidade estaremos creando unha marca propia definitoria dunha maneira de ser e de facer. 

Porque o plurilingüísmo é un feito que define un mundo diverso e poliédrico onde as empresas para ser diferenciadas nos mercados e non perderse na globalidade, deberán sinalar a súa produción cunha marca de calidade propia, e o uso da lingua galega na etiquetaxe forma parte desa marca diferenciada. 

 Presentar á cidadanía os produtos que saen da terra etiquetados na nosa lingua é un plus de identidade que o consumidor agradece e apoia, porque reforza e valora os esforzos dos produtores por achegar aos consumidores produtos de calidade. 

 A campaña O Sabor da Galeguidade acerca á cidadanía a varios produtores galegos que apostan pola lingua galega para etiquetar os seus produtos de alta calidade, poñéndoos nos mercados nacionais e internacionais cun marchamo de identidade como garantía de orixe.

29/12/20

Interesante "inocentada" promovida pola asociación de comerciantes "Guerrilla dos Mallos"

 O 28 de decembro "mercaron" o Corte Inglés de Marineda City

Información en facebook 


Comunicado da asociación de comerciantes:

Queremos dalas grazas a tódolos os que participaron na inocentada de onte (non, non compramos El Corte Inglés, para que, co ben que se está nos Mallos?)
Ademais, o noso é, e queremos reivindicalo:
* O comercio local
* O comercio de proximidade
* A atención personalizada
* A calidade do produto único
* Os pequenos produtores
* A xente dos barrios

e por iso, quedamos onde estamos e onde vos agardamos: Nos Mallos.
Gustouvos tanto que fomos o cuarto contido máis visto onte nos amigos do @quincemil.

Grazas a @mayglezt, @en3vistas3 e @iagoprada pola súa axuda!!!!!!

#GuerrillaMallos #ComercioLocalCoruña

05/11/20

Vivamos como galegos! #NonVasPoderConNós #QCHDN

 Temos novo spot publicitario dunha importante empresa galega de distribución. Parabéns pola iniciativa pero... TAMÉN SERÍA RECOMENDABLE que a súa política de empresa utilizase máis a nosa lingua nas súas actividades cotiás.

Ver unha valoración crítica sobre esta empresa

03/11/20

REACCIÓN A "Vivamos Como Galegos - #SerGalegxMola "

O youtubeiro olaxonmario analiza de maneira crítica o spot publicitario do 2019 da cadea de supermercados galegos GADIS

 

 

17/11/19

A lingua galega, o mellor escaparate para as empresas

Os estereotipos sobre o galego empezan a rachar cada vez máis e cada vez hai máis iniciativas publicitarias de éxito no noso idioma.