Amosando publicacións coa etiqueta portugués. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta portugués. Amosar todas as publicacións

05/12/20

Unha ducia de imaxes de Nadir Afonso e o seu museo en Chaves no seu centenario

 Chaves, xunto a Verín, foi hai agora un século, o 4 de decembro de 1920, o lugar de nacemento de Nadir Afonso, pintor xeométrico de recoñecemento internacional. E Chaves é a sede do Museu de Arte Contemporânea que leva o seu nome. Repasamos unha ducia de imaxes da Fundação e do Museu Nadir Afonso.

Información de David Reinero en Praza Pública


 

07/10/20

Culturminho: un foro online que amosa as experiencias culturais compartidas entre Galicia e Portugal

 Do 6 ao 9 de outubro celébrase Culturminho, I Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo, un encontro dixital de inscrición gratuíta, organizado pola Deputación de Pontevedra, que busca ser un lugar de debate entre axentes profesionais e o público interesado na produción cultural neste territorio. "O río Miño é xa un espazo singular de creatividade e de xeración de iniciativas culturais innovadoras, compartidas entre ambas as marxes, como parte do desenvolvemento local transfronteirizo", destácase.

Información en Praza Pública


 

01/10/20

A Xunta suprime en Tui o primeiro Departamento de Portugués creado nun instituto en Galicia

 A Xunta decidiu suprimir no IES San Paio de Tui o Departamento de Portugués, o primeiro desta lingua creado en Galicia, hai vinte anos, e nun centro onde este idioma leva 30 anos de ensino ininterrompido e conta na actualidade con máis dun cento de alumnos. 

Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Imaxe do IES San Paio de Tui
 

27/06/20

O galego é unha lingua universal / O galego é uma linguagem universal

Este ano as letras galegas están adicadas a Ricardo Carvalho Calero. Dende o centro Maximino Romero Lema de Baio quixeron facer unha viaxe poética arredor do mundo, coa lingua galega como nexo de unión. A universalidade do galego-português é un tesouro maravilloso.

13/06/20

Efemérides: Fernando Pessoa

Un 13 de xuño de 1888 nacía en Lisboa o poeta e ensaísta Fernando #Pessoa. Hoxe  recomendan algunha das súas obras que podedes encontrar no noso catálogo dispoñibles para levar en préstamo nas bibliotecas municipais coruñesas. 






23/04/20

25 de abril: recordando a revolución dos cravos

Diversas entidades fan un chamamento a cantar dende as fiestras o "Grândola, Vila Morena" este sábado 25 de abril ás 16 horas, para conmemorar o aniversario da Revolución dos Cravos. A Associaçom José Afonso-Galiza inclúe outras actividades na celebración. Tamén se propón subir ás redes sociais imaxes e vídeos empregando #25deAbril e #25deAbrilGZ.

06/12/19

Vai Embora! MJ Pérez

Vai Embora!" é o NOVO SINGLE de MJ Pérez, o seu primeiro em português. A cantautora galega, com raízes em Portugal apresenta esta nova música que combina a sua essência com influências da música folclórica portuguesa e do Fado. O humor e a ironia estão presentes nesta nova música de MJ, aonde a cantora convida a mandar embora tudo aquilo que nos faz mal e não nos permite ser nós mesmos.