Amosando publicacións coa etiqueta nen@s. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nen@s. Amosar todas as publicacións

05/01/22

Dic dac docs - A horta

 Proxecto audiovisual composto por 5 documentais didácticos de 7 minutos cada un, dirixidos a nenas e nenos de 2 a 7 anos, co obxectivo de que adquiran vocabulario en galego. Cada capítulo está dedicado a un tema (a cidade, a horta, a casa, a granxa e os medios de transporte), que será o eixo a través do cal os nenos descubrirán os elementos e as palabras en galego relacionadas con ese campo. Todos os capítulos están encadrados no ámbito galego e cunha referencia clara á xeografía e á cultura galegas.

 


11/11/21

Crianza. Sétima SCG

Curtametraxe documental realizada a partir de conversas con nais novas que nos falan da súa realidade, da ilusión e das oportunidades que lles brinda a maternidade, pero tamén das dificultades e retos que presenta hoxe en día en Galicia: conciliación, precariedade, educación, crianza en galego, loita pola igualdade, saúde e coidados son algúns dos temas que se tratan nesta peza.