Amosando publicacións coa etiqueta nen@s. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nen@s. Amosar todas as publicacións

18/04/21

Hai hoxe 27 anos a TVG emitía por primeira vez o Xabarín Club

 Artigo de Marcos Pérez Pena (20-4-2017) en Praza Pública

"Esa 'Xeración Xabarín' hoxe é o sector máis activo da sociedade e iso incrementa a importancia do programa"

Figura do Xabarín nunha das edicións do Culturgal © Culturgal

 

24/01/21

Unha ducia de vídeos dos Meniños Cantores

 No ano 2005, co impulso da Asociación Ponte… nas ondas!, o alumnado de 17 escolas galegas e portuguesas gravou o libro-disco Meniños Cantores, con 28 cancións, un álbum presentado en directo en Vigo e Porto e que se converteu nun referente mundial do traballo co patrimonio musical compartido dous dous países. Neste ano 2021 repetirase a iniciativa e 19 colexios galegos e portugueses gravarán cadanseu vídeo musical para o disco Cantamos Nós. Repasamos doce das cancións da primeira edición.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

12/12/20

Premio a calidade lingüística 2020 concurso youtubeir@s

 Cativos na Cociña. Capítulo 7º: "As patacas do Paraíso"

Recoñece  o vídeo ‘As patacas do Paraíso’, de Cativos na Cociña. O xurado ve nesta proposta “un uso coidado da lingua” e “unha riqueza lingüística que reflicte, especialmente no ámbito fonético e lexical, un rexistro coloquial dentro dunha variante dialectal”, o cal lle dá un “plus de calidade, de frescura e de proximidade” á produción.

16/10/20

O papagaio: para a xente miúda

 

O PAPAGAIO é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata de temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...
Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras.
O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola cienia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.




15/09/20

Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

 A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

07/01/20

1000 nenos cantan "Chea de vida"

Xornadas de canto coral escolar Mil nenas e nenos cantan a coro en Navantia a canción "Chea de vida" con Guadi Galego e Guille Fernández, dirixidos por Ramón Bermejo. Trátase dunha actividade dentro do marco da celebración do día das letras galegas do 2017. Este proxecto contou coa axuda da Secretaría Xeral de Política lingüística e da empresa Navantia. 

28/09/19

A nena, o monstro e o mar


Unha novela que se propón como conquista para lectores e lectoras expertos de oito anos en diante: «A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa.