Amosando publicacións coa etiqueta medicina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medicina. Amosar todas as publicacións

21/05/22

Balea Vermella | Non penses nun elefante rosa

En Balea Vermella  falan coa escritora Antía Yáñez sobre o seu libro "Non penses nun elefante rosa", publicado por Xerais, onde a trama xira arredor do trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) e sobre esta doenza mental centramos a conversa.
 
 

07/04/22

Conversa con Iria Veiga "A Raiña Vermella"

 Conversamos con Iria Veiga, "a Raiña Vermella", unha médica psiquiatra, divulgadora científica e da lingua, que actualmente traballa na Seguridade Social e á que podedes ver xunto a Javier Balea no proxecto de divulgación científica Balea Vermella (en twitch, YouTube e formato podcast).

Presentación do novo CHUAC, o novo hospital público da Coruña

 


30/12/21

Balea Vermella | 2x16 | Obesidade e metabolismo | Calendario Ceos Galegos 2022

 Neste directo falamos primeiro con María Pardo, investigadora líder do grupo de obesidómica do IDIS, sobre os tipos de graxas que hai no corpo humano, como podemos activar a graxa parda ou que papel que xogan as vesículas na obesidade. Despois contamos con Dosi Veiga para conversar sobre a nova edición do calendario do proxecto Ceos Galegos.

 


08/12/21

Balea Vermella | 2x14 | Novas terapias contra o cancro

 Falamos con María D. Mayán, responsábel do grupo de invetigación CellCOM no INIBIC na Coruña (CHUAC-SERGAS), sobre mecanismos moleculares asociados ao cancro, o papel das conexinas no desenvolvemento dos tumores ou a implicación do ARN nas enfermidades oncolóxicas. Tamén conversamos acerca dos traballos da doutora Mayán sobre a artrose.