Amosando publicacións coa etiqueta medicina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medicina. Amosar todas as publicacións

09/07/21

De Santiago á Estación Espacial Internacional: científicos galegos experimentan á procura da "revolución no deseño de fármacos″

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Sonia Veiga e Nuria López Lorenzo, investigadoras do grupo Molecular Pathology of Rare Diseases do CiMUS da USC © Jesús R. Requena/CiMUS

 

Susana Rodríguez Gacio, médica e atleta paralímpica, portada da revista "Time"

 Susana Rodríguez Gacio, a atleta paralímpica viguesa, é a portada da prestixiosa revista Time pola súa traxectoria deportiva e vital. A publicación norteamericana escolleu a Susana canda outras tres deportistas de sona internacional: Sue Bird, Allison Felix e Naomi Osaka. Na edición dixital da revista inclúese un vídeo en que se destaca a faceta de Susana como médica, que loitou contra o virus ao tempo que se preparaba para os Xogos. 


 

22/03/21

Estudantes da UVigo idean un prototipo para a comunicación de persoas con parálise cerebral

Información GCiencia

Co prototipo xa rematado, ata agora o equipo desenvolveu a funcionalidade principal “que é ter o sensor e a comunicación coa aplicación funcionando, cunha comunicación simple de “si” e “non”. Imaxe: Duvi.  

21/03/21

11/02/21

O caso de María de la Fuente: un precedente pola igualdade na investigación

 11 de febreiro: día da muller na ciencia. 

 Unha sentencia recoñece a discriminación na convocatoria á que a científica galega se presentou en desvantaxe por mor do permiso de maternidade.

Información en GCiencia

A investigadora María de la Fuente, do IDIS. Foto: Sergas. 

A xenetista Jimena Fernández de la Vega, Científica Galega do ano 2021

 Xunto á súa irmá Elisa, foi a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, e acadou gran notoriedade investigadora.

Información GCiencia

 Jimena Fernández de la Vega y Lombán. Foto cedida pola RAGC.

07/02/21

Ángel Carracedo: "Dicíanme que se escribía en galego non me ía ler ninguén"

 Artigo do catedrático da Universidade de Santiago e director da Fundación Pública de medicina xemónica (SERGAS), Ángel Carracedo, para conmemorar o 7 de febreiro os días dos medios en galego.

Información en Galicia Confidencial


 

20/01/21

24/10/20

A USC investiga con células nai de peixe cebra contra o cancro de páncreas

 Investigadores do grupo ZebraBioRes do Campus de Lugo asinan un artigo en "Nature Communications" no que abordan as células implicadas nestes tumores

Información en GCiencia 

Pablo Cabezas, Laura Sánchez Piñón e Juan Rubiolo, investigadores do grupo ZebraBioRes. Foto: USC.

06/10/20

A lingua é a nosa pel | Emilio del Río | LGx15

Intervención de Emilio del Río no LGx15 de 2019
 
 --- Unha persoa é, en realidade, a súa pel. Tamén o pelo, as unllas, os ollos, mesmo a altura é máis pel. E cando esa persoa nos fala o que percibimos é a súa lingua, o seu ton, o sotaque… Así que, pel e lingua teñen moito que ver e, máis para min sendo dermatólogo, xa que a pel é a miña materia de traballo, os vimbios cos que fago o meu pequeno queipo cotián. A nosa lingua é tamén un instrumento médico: o medio de pescudar e coñecer a realidade da saúde ou das doenzas, un vehículo de transmisión de coñecementos, remedios e bos hábitos de saúde e –tamén– un lazo de empatía entre o enfermo e o médico. En realidade, a palabra en si mesma pode ter de seu un valor sandador individual e –como non– social. Se o médico non entende a que se refire a persoa cando lle fala de que tivo un “furuncho” ou unhas “empinxas” ou unha “pezoña” ou unhas “negras” malamente vai poder curala. No caso da Dermatoloxía, o papel da palabra é clave nun ámbito que se move no fío da navalla da estética, a cosmética e a nova tecnoloxía láser de rexuvenecemento cutáneo. Xerar creto e confianza, dende o exercicio médico, neste eido de procura de saúde, de aspiración á beleza e á estética é tamén crear lingua auténtica, real, sen imposturas, nun ambiente de traballo profesional, liberal e de marcado carácter científico. Se ben a Medicina sempre quixo revestirse dunha certa universalidade, o certo é que as doenzas cambian co carácter, as condicións físicas e o contorno. Isto vese tamén na formación. É importante saírmos e coñecermos o que hai polo mundo para, de volta no fogar, universalizármonos. Galicia sempre foi terra de emigración. Xa dicía Castelao: “o galego non protesta, emigra” e xa o cantaba tristemente Rosalía hai máis de 150 anos: “Iste, vaise e aquil vaise…”. Por desgraza, segue pasando a día de hoxe. E en todas as capas da sociedade, aínda que marcadamente na xente nova e cualificada. Galicia perde os mellores: marchan para formarse e, moitas veces, xa non volven. Non podemos permitir esa ferida que perde sangue decontino. Un dos primeiros traballos a prol da lingua é, precisamente, que haxa xente para falala: Galicia ten un serio problema demográfico e temos que ser quen de reverter ese proceso, fixar poboación e riqueza ó territorio, conseguir que os nosos científicos e doutores volvan, facilitar o emprendemento, mellorar as condicións de vida da nosa xente e ser mesmo polo de atracción económico e demográfico. Xa empeza a enxergarse algo dese futuro, produto, en certa medida, da globalización: temos xa pequenos galegos de orixe universal, suramericana, africana, asiática que dá xenio e emociona escoitalos falar a nosa lingua. Por iso remato co que comezaba: a lingua é a nosa pel, neste caso auditiva. Todos somos iguais e falamos unha mesma lingua (ou non…) e todos somos distintos e únicos. --- Nacido na Serra de Outes, A Coruña (a onde acode sempre que pode) en 1964, aínda que veciño de Santiago de Compostela dende os catro anos. Fillo de pai e nai mestres de Ensino Primario, que lle inculcaron dende cativo unha gran curiosidade polo mundo e un grande amor e respecto pola docencia e a pedagoxía. Estudou Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina de Santiago entre 1982 e 1988 e especializouse en Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía no Hospital Clínico de Madrid entre os anos 1989 e 1992. Doutorouse Cum Laude en Medicina en 1996 no Departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Historia da Ciencia da Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre o Nacemento da Dermatoloxía en España e, máis concretamente, en Madrid. En marzo de 2005 renunciou á praza de dermatólogo titular do Servizo Galego de Saúde para dedicarse integramente ó desenvolvemento do proxecto Clínica Dermalar e da empresa de cosmética galega Dermotenda, nos que actualmente traballan 11 persoas en Santiago de Compostela. É autor dun cento de publicacións en revistas nacionais e internacionais e de varios capítulos en libros da especialidade e de medicina xeral. É tamén membro da Sociedade Galega de Dermatoloxía (SOGADERM), da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV) e da European Academy of Dermatology and Venereology (EADV). Foi pioneiro na utilización das novas tecnoloxías para posibilitar e ser pioneiro na teleconsulta de Dermatoloxía en España no ano 1999 e, neste mesmo mes de setembro de 2019, vinte anos despois, pioneiro tamén na organización e coordinación do primeiro congreso virtual da especialidade en España. O galardón que máis aprecia é o Premio Manuel Beiras da Cámara de Comercio e do Concello de Santiago por promoción da lingua galega outorgado no ano 2011. --- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Auditorio Constante Liste | A Ramallosa | Teo | 9 de novembro de 2019 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal