Amosando publicacións coa etiqueta lusofonía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lusofonía. Amosar todas as publicacións

04/12/22

Así foi o evento da aprobación na UNESCO de "Ponte nas Ondas"

 Intervencións da delegación galego-portuguesa de Ponte...nas Ondas! no 17º Comité Intergubernamental da UNESCO, en Rabat, despois de que se confirmase a aprobación da inscrición do modelo PNO! no Rexistro de Boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.

05/11/22

Carlos Quiroga: "Quando na literatura portuguesa re-visitam o seu passado encontram a Galiza"

O escritor Carlos Quiroga pertence a xeración que viviu o final do franquismo na adolescencia e viu mudar a situación legal da lingua na súa mocidade. Doutor en Filoloxía GalegoPortuguesa, é autor de diversas obras de poesía, narrativa, teatro e ensaio. Segundo afirma, escribe liberado de escravitudes como as da norma ortográfica oficial do Galego. Defender a unidade lingüística do galego e do portugués e aplicalo na escrita, pechoulle todas as portas na Galiza mais abriullas no mundo lusófono.

11/09/22

Ponte nas Ondas, patrimonio galego portugués

  O 29 de marzo de 1995 nace Ponte nas Ondas unindo Salvaterra e Monção, Galicia e o norte de Portugal. Vinte e sete anos despois, Ponte nas Ondas segue máis viva ca nunca sintonizando coas escolas das dúas marxes do río Miño. Esta ponte radiofónica non só une pobos senón tamén xeracións. 

O proxecto Ponte nas Ondas coida do patrimonio cultural inmaterial galego e portugués, un traballo que podería ser recoñecido neste 2022 pola propia Unesco. Viaxamos ata as terras arraianas e ameas para descubrir o funcionamento deste proxecto que aposta pola radio e a unión entre os pobos galego e portugués. 

 


05/03/22

Porta para o exterior | DOCUMENTÁRIO

 'Porta para o exterior' é um documentário que tem como objectivo divulgar o reintegracionismo. Trata-se de uma viagem polas experiências de mais de 70 pessoas entrevistadas, que nos mostram como e porque vivem a sua língua diariamente como uma língua que se fala não só na Galiza, mas também noutros lugares do mundo —Brasil, Portugal, Angola, Moçambique, Cabo Verde e Timor Leste— e os desafios que leva consigo. 

Direção e roteiro: Sabela Fernández e José Ramom Pichel. Voz em off: Sara Mejuto. Edição e montagem: Axóuxere. Produção: Axóuxere, Agal.

 


18/02/22

Inês, aquilo que nos une - MJ Pérez

Peza audiovisual artística inspirada na figura e na historia de Inés de Castro, a nobre galega que marcou a historia de Portugal, coñecida como a “raíña despois de morta”. Remata cunha canción inédita de MJ Pérez.