Amosando publicacións coa etiqueta ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ilustración. Amosar todas as publicacións

12/06/21

Víctor Moscoso: deseño gráfico, sexo, drogas e rock&roll!

 O rostro da psicodelia dos anos sesenta foi pintado por un galego. Tratábase dunha época de axitación e mudanzas nos Estados Unidos na que cobraba forza a contracultura, un movemento que foi crecendo ao carón da loita polos dereitos civís, as protestas contra a guerra en Vietnam, a busca de modelos de vida alén do capitalismo, unha crecente industria das drogas recreativas e unha mocidade activa. 

 Dentro dese movemento da contracultura figura un dos deseñadores máis influíntes do século XX, un creador que fuxiu de Galicia cando era neno tralo golpe militar fascista do 36. El é Víctor Moscoso. 

Ata outubro de 2021, a cidade da Coruña acolle a primeira exposición que se realiza en Europa sobre a figura de Moscoso. Achégamonos á exposición, á psicodelia, á contracultura, á Víctor Moscoso xunto ao sexo, ás drogas e moito rock&roll. Benvidas e benvidos á psicodelia de Moscoso!

22/04/21

O "Garaxe Hermético", o valor do cómic galego

 Pontevedra é a cidade galega do cómic. O historetista e ilustrador Kiko da Silva detectou unha eiva na formación en banda deseñada que "non se estaba impartindo como debería" polo que se decidiu a actuar e mudar o rumbo do cómic galego. 

En 2012 fundaba a primeira escola profesional de banda deseñada e ilustración de Galicia, o Garaxe Hermético. Nos últimos anos, o Garaxe Hermético conseguiu chegar a acordos coas editoriais Galaxia e Xerais. Dende Galaxia, Fran Castro expresa con absoluta claridade que a día de hoxe esta escola "é crucial" e engade: "xa perdín a conta do número de ilustradoras e ilustradores que saíron do Garaxe Hermético e traballan con Galaxia". 

Unha mensaxe que repiten en Xerais cando lle petamos na porta. "É a única escola profesional con sona e traxectoria. Para nós é unha oportunidade", explica Francisco Alonso. Con todo, un dos factores máis importantes e ilusionantes atópase dentro do alumnado do propio Garaxe Hermético. Unha das súas alumnas sostén ante as cámaras de Nós Televisión: "o mercado vai estar mellor para as nosas xeracións". Nesa frase reside a forza desta escola e o futuro que se abre para o cómic galego.

17/04/21

Saúde e Terra, Laura Romero!

 Laura Romero é ilustradora, urban sketcher e música. Debuxa en vivo durante festivais e concertos, o proxecto Músicas Galegas Ilustradas, espectáculos de música e ilustración en directo, deseño de logos para bandas, etc. É baixista en Zënzar e en MJ Pérez.

23/01/21

Literatura galega: Ana Santiso no #UniversoGalaxia con 'Alba de Groria' (ilustrada) de Castelao

 'Alba de groria' foi o derradeiro discurso que pronunciou Castelao, exemplo da súa capacidade oratoria e política, e que agora se ve enriquecido coas ilustracións de Ana Santiso, quen soña en imaxes o universo histórico e galaico deseñado polo rianxeiro. Un diálogo feliz entre o pasado e o futuro. Unha Alba de groria como non se vira nunca antes. 

 


07/11/20

Teresa Ferreiro: «Hai certas cousas que aprendemos -e debemos aprender- só a través da memoria histórica»

 Ilustradora, autora de comics, investigadora cultural e DJ. Teresa Ferreiro é polifacética e multidisciplinar. Vinte aproveita a súa participación no ciclo VanGal 2.0 do Museo do Pobo Galego para interesarse polo seu ecléctico traballo, polas súas inquedanzas e influencias creativas e polo uso que fai da arte en prol da reivindicación política, da memoria histórica e do feminismo. 

Entrevista de Adela Bértolo en Vinte de Praza Pública


 

22/10/20

'Cromática', ou como reconstruír o mundo a través da cor

 A exposición, con carga galega e feminina, chega o xoves 22 de outubro a Santiago de Compostela.

Información en Galicia Confidencial

Obra de Samya Arif no III mostra internacional de ilustración contemporánea de Afundación. SAMYA ARIF | Fonte: Europa Press