Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fotografía. Amosar todas as publicacións

29/04/23

Entrega de premios do XVIII concurso de fotografía Xurxo Lobato


 O 27 de abril fixéronse entrega dos premios de fotografía Xurxo Lobato no seu XVIII certame. As gañadoras foron:

1º premio: Rosalía Rodríguez Cruz do EASD "Ramón Falcón" (Lugo)

2º premio: Gabriela Cera Rodríguez do IES "Adormideras" (A Coruña)

3º premio: Irene Méndez Fernández do IES "Adormideras" (A Coruña)

As gañadoras foron entrevistadas para Radio Monelos pola alumna de 4º ESO Sara Lorenzo Naya.






Olladas doutro tempo: San Andrés con Santa Catalina

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

San Andrés con Santa Catalina 1883. Valentín Mendía

25/03/23

«Detrás do espello» | Exposición

«Detrás do espello» convídanos a atravesar o noso propio reflexo seguindo as pegadas de 50 mentes curiosas e creativas que ao ollar cara a Galicia atoparon inspiración ou fascinación. As súas achegas enriquécennos hoxe como pobo. 

Comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís García Canido, a mostra desafíanos a observarnos desde fóra e aceptar que tamén nos construímos a partir da idea que teñen de nós aqueles que nos miran.

16/01/23

Na leira

Video-concerto de Mercedes Peón, Ana Fernández e Mónica de Nut interpretado na súa leira de Oza-Cesuras, en diálogo co espazo natural e inspirándose nas composicións do fotógrafo galego Virxilio Viéitez.
Esta intervención sonora e audiovisual conta coa colaboración de artistas como Laura Iturralde, iluminadora e escenógrafa, e Peque Varela, videocreadora e directora.

29/12/22

O fotógrafo Joan Alvado revela a cultura de ritos das serras transfronteirizas

 O gañador do X Premio Galiza de fotografía Contemporánea, Joan Alvado, inaugura na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo a obra gañadora, titulada "Os batismos de meia noite".  

Información de Elvira Branco en Nós Diario

  Fotografía de Joan Alvado que se expón en Lugo. (Foto: Joan Alvado)