Amosando publicacións coa etiqueta empresa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta empresa. Amosar todas as publicacións

13/06/21

Os xigantes económicos da cidade

 Doce empresas coruñesas, líderes nos seus sectores, sumaban o 27,5% da facturación antes da pandemia

Información de José Manuel Gutiérrez e Enrique Carballo en La Opinión de A Coruña


Un operario, na fábrica de Estrella Galicia no polígono coruñés de Agrela. A Opinión

27/05/21

Conversa con MBA MAL PODCAST - Alberto París e Samuel Alvarez ou así

 Falamos con estes profesionais do "bisnes" que non deixan de agasallarnos coa súa sapiencia empresarial no seu ciclo formativo MBA MAL PODCAST.

10/12/20

A vespoidea de Adrián García: 7 varas

O enxeño galego continúa no Inventario de Vespoideas! Descubrimos 7 varas, a construción de bicicletas de bambú ideada por Adrián García 🐝

07/11/20

Autónomos e pandemia

 Asistimos estes días a algo insólito, a concentración de autónomos nas prazas públicas do país reclamando políticas de apoio. Nas últimas décadas eles pecharan comercios e bares ao paso das mobilizacións do naval en solidariedade cos obreiros, no que parecía un recoñecemento mutuo, ao fin, de seren clase traballadora.

Información en Galicia Confidencial

Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral días despois de que a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) solicite ao Ministerio de Traballo un subsidio de 426 euros para autónomos. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo  

05/11/20

Vivamos como galegos! #NonVasPoderConNós #QCHDN

 Temos novo spot publicitario dunha importante empresa galega de distribución. Parabéns pola iniciativa pero... TAMÉN SERÍA RECOMENDABLE que a súa política de empresa utilizase máis a nosa lingua nas súas actividades cotiás.

Ver unha valoración crítica sobre esta empresa

03/11/20

REACCIÓN A "Vivamos Como Galegos - #SerGalegxMola "

O youtubeiro olaxonmario analiza de maneira crítica o spot publicitario do 2019 da cadea de supermercados galegos GADIS

 

 

10/10/20

Cea: onde a lingua sabe a pan

 Van nove anos da edición e da publicación deste vídeo polo EDLG do CPI Virxe da Saleta de Cea. É todo un exemplo de dinamización e promoción da lingua. Non só iso: nun momento da chamada Galicia baleirada, do despoboamento... cómpre promocionar o desenvolvemento social e económicos como este pobo da provincia de Ourense famoso polo seu pan.

 Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.