Amosando publicacións coa etiqueta denuncia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta denuncia. Amosar todas as publicacións

01/03/22

De xogo, nada

 Afondamos no auxe incontrolado das apostas presenciais e online en Galicia. Falamos con mulleres de Redondela que ademais de participar nas ANPAS dos colexios das súas fillas e fillos, son activistas contra a casa de apostas que pretenden abrir na súa vila. Mobilizámonos co movemento asamblear Aposta Polo Teu Barrio de Compostela, que nos advirte dos perigos do mal chamado ‘xogo’ na xuventude e apostan por un ocio “popular e digno”. Tamén fomos ao Parlamento para facer preguntas aos grupos políticos e responsables da administración, falamos con expertos e estivemos no acto da patronal galega do ‘xogo’ presencial.

01/01/22

A derriba da casa Carnicero, en Perillo (Oleiros), cumpre un ano con poucos avances a nivel xudicial


 Información de D. Vázquez en La Voz de Galicia

Foi un gran edificio modernista situado ao lado da ponte da Pasaxe en Perillo (Oleiros) proxectado polo arquitecto González del Villar en 1916. Incendiouse no verán de 2020.

Construción da casa (sobre 1916)
Imaxe actual antes do incendio



Imaxes do interior
Incendio o 16 de xullo de 2020
Estado despois do incendio
Só se conserva a palmeira e os cascallos da edificación (fotografía de finais de decembro de 2021)

19/12/21

“No puedo contigo… cada vez que hablas gallego me pongo enfermo”

 

 Información en Neofalantes

Guido Álvarez é guía turístico e dinamizador cultural en Lugo. Un profesional amante da historia y do patrimonio da súa cidade que, ademais, como neofalante, comunica en galego.

Pero, como noutros casos, sufriu o acos nas redes sociais por falar a nosa lingua. “No puedo contigo, a pesar de que soy yo gallego, cada vez que hablas gallego me pongo enfermo”. Estas e outras palabras compoñen unha serie de mensaxes ofensivas que recibiu  no seu Instagram por empregar a lingua galega.

“El gallego es un idioma aislado del mundo” ou “tenían que ilegalizar el idioma gallego, porque no vale para nada”, foron algunhas outras ofensas recibidas. “Parece incrible recibir mensaxes como estas no século XXI, o peor de todo é que non é a primeira vez que me pasa”, criticou o guía nas súas redes sociais.