Amosando publicacións coa etiqueta danza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta danza. Amosar todas as publicacións

15/05/21

Clásicas desfeitas Volume III | Teaser

 Os textos de «Orlando», de Virginia Woolf; «O mito de Sísifo» de Camus; e «A consagración da primavera» de Stravinsky inspiraron a Gena Baamonde, Rut Balbís e Manuel Lago para artellar unha versión colectiva destas obras a través da danza para #Clásicasdesfeitas📖🎭 

Unha proposta irreverente na que se cuestioina o propio canon do feito artístico e que se representou en marzo no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia con público reducido en número pola pandemia. Por iso, ofrecemos a gravación completa que ides poder ver este sábado, a partir das 10:00 horas, a través da nosa canle de Youtube🎥

 Na peza os e as artistas Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Verónica Moar, Julia Laport, Manuel Lago, Jas Processor, Andrea Quintana e Paula Quintas partiron dun discurso centrado no corpo para vertebrar un diálogo aberto cos ciclos vitais, coa fluidez da identidade e cos procesos de resistencia. Todo un traballo colectivo resultado das estadías creativas nas Residencias artísticas do Gaiás (REGA) e que tivo a coprodución do CDG - Salón Teatro e a Cidade da Cultura.

08/05/21

Clásicas desfeitas 'Phármakon' [Antígona, Medea, As Bacantes]

 O 8 de maio, goza ás 10:00​ horas da da estrea por Youtube da segunda peza de 'Clásicas desfeitas', producida polo Centro Dramático Galego (DOG) en colaboración coa Cidade da Cultura dentro das Residencias Artísticas do Gaiás (REGA) . Este espectáculo que se apoia na danza e na música foi representado na Cidade da cultura en marzo. No entanto, a situación da pandemia fixo que a presenza de público fose moi reducida. Por iso, a partir deste sábado (e ata o 30 de maio) podes gozalo íntegro na canle de Youtube da Cidade da Cultura.