Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións

21/06/21

Dereito a existir: falan elas

Pensar con orgullo II Xornada. Martes, 22 de xuño de 2021 Dereito a existir: falan elas, dirixido por Cristina de la Torre e Carme Adán para o Consello da Cultura Galega. Curtametraxe que dá voz a tres xeracións de mulleres trans na Galicia e conta coa participación de Laura Bugallo, Daniela Ferrández e Aura Leirós.
 

02/06/21

Ai Mo S A 2021

 Primeira edición do Festival de Curtametraxes Ai Mo.S.A.🎞 Festival do Morrazo de Sine na Aula Un traballo colaborativo do alumnado do IES as Barxas, IES María Soliño e o IES plurilingüe O Paralaia , coordinado pol@s profesor@s : M Jose Soto , Luz Beloso e Curro Zea e celebrado grazas ao apoio e a gran labor do Concello de Moaña e a Xosé Daniel Costas Currás.

 


08/02/21

Gañadores do concurso a Senda dos Faros

 1º Premio: Sálvora IES Plurilingüe A Cachada de Boiro (A Coruña)

2º Premio: De Naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos ingleses a Camariñas do IES Monte Neme de Carballo.


3º Premio: A melodía do faro CMUS Xan Viaño de Ferrol

12/01/21

O nacemento do Dragón | Pradorua

 Comentario da youtubeira Pradorua:

Ola! Si, este vídeo non é o habitual na canle. É unha pequena curta que fixen para a materia de Didáctica das artes plásticas e visuais. O conto "O nacemento do Dragón" inspiroume para facer esta especie de performance. Non é gran cousa, mais fixen o que puiden con esta situación. Espero que pronto poida mudar de editor de vídeo para ter máis posibilidades e mellorar os aspectos técnicos da miña canle. Un saúdo!

 


18/10/20

KORUÑO, LEGADO DE HÉRCULES - PARTE 1

 Documental realizado polo alumnado do Taller de Curtametraxes organizado por SocialCine 2010, do concello da Coruña.


03/09/20

«Esencia Festiletras» pon en valor os «Saberes de muller»

 

Omar Rabuñal presentou este documental no Couto (Ponteceso). O programa continuará o venres 4 de setembro e será amplo. Inclúe, entre outras paradas, a visita de Ángel Carracedo e o panel de experiencias Aldeas Singulares.

Información de Patricia Blanco en La Voz de Galicia


 

13/06/20

A Xogadora

Vídeo elaborado polo alumnado de 2º de ESO de PEMAR no ámbito sociolingüístico durante o curso 2019-2020 (curso do coronavirus). Centrado en aspectos do mundo dos videoxogos e na educación para a igualdade.