Bases do concurso
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2020-2021.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua
galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO
(bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén
preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana
do 19 de abril de 2021 e rematará na
semana do 10 ao 14 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.
4. O concurso terá tres niveis:
· 1º e 2º de ESO.
· 3º e 4º de ESO.
· Bacharelato.
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de
Dinamización da Lingua Galega, fará
públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas
materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser
contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte
maneira:
· Durante a
primeira semana (19 ao 23 de abril)
poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez
cuestións formuladas.
· Na segunda semana (do 26 ao 30 de abril) poderán
continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións
formuladas.
· Na terceira semana (do 3 ao 7 de maio) poderán
continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas.
· Na derradeira
semana (10 a 14 de maio) poderán ser gañadores únicamente os que acerten todas
as cuestión formuladas.
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no
blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web
do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs.
Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as
respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o
concurso, farase público no taboleiro do Equipo de Dinamización da Lingua
Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes
niveis.
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo
de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos
citados na base segunda desta convocatoria.
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
· 1º Premio
contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da
zona.
· 2º Premio
contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.
12. En caso de empate de gañadores a última semana o
desempate farase do seguinte xeito:
a) Maior puntuación nas tres semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que
teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.
12. A participación neste concurso suporá a aceptación
destas bases.