Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións

25/06/23

Unha ducia de citas do programa do Arde Lucus a non perder

 Romanas e romanos, castrexas e castrexos, xa está aquí o Arde Lucus, que celebra o seu XX aniversario e a súa declaración como Festa de Interese Turístico Internacional con catro días de actividades que devolven Lugo aos tempos de Lucus Augusti. A programación comezou este venres e chegará ata o domingo. Música, teatro, desfiles, obradoiros... Que non se apague o lume sagrado!

Información en Praza Pública


 

24/06/23

O San Xoán de 2023 deixa na Coruña 54 toneladas de lixo, a cifra “máis baixa desde que hai datos”

 Información en Xornal da Coruña

Unhas cadeiras na praia de Orzán con restos de lixo ao redor despois da celebración das fogueiras da noite de San Juan, a 24 de xuño de 2023, na Coruña, Galicia (España). A praia de Orzán da Coruña amenceu chea de lixo tras a noc. M. Dylan - Europa Press

08/03/23

Cando a metade do mundo parou o 8M: cinco anos da primeira folga feminista

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Vista parcial dunha mobilización do movemento feminista galego pola folga do Día Internacional da Muller de 2018 CC-BY-NC-SA Foto: MMM | Montaxe: Praza.gal


 

21/02/23

Máis de media Galicia, de troula: o Entroido, festivo local en 189 concellos

 Información en Praza Pública

Imaxe dos cigarróns nun Entroio de Verín e mapa de festivos do Entroido galego en 2023 CC-BY-SA Foto: Turismo de Galicia | Mapa e montaxe: Praza.gal

13/02/23

Concurso día internacional da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro) e día da muller (8 de marzo)

 BASES DO CONCURSO 

O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organiza un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o luns 13 de febreiro e rematará o venres 10 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 21 mulleres relacionadas co mundo da ciencia en Galicia (física-química, bioloxía, farmacia, medicina, matemáticas, tecnoloxía, informática, etc) A información sobre estas personalidades será publicada páxina web do instituto no apartado de departamentos e en concreto no de normalización durante estes días con algún aspecto biográfico delas. 

 BASES 

1. Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría. 

2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario que estará publicado na páxina web do instituto no departamento de normalización e no blog deste equipo: cotarelomonelos.blogspot.com. 

3. Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todas as personaxes femininas. 

4. Só se concederán ata 5 premios. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores. 

 5. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto. 

Entra no formulario para contestar