Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celebracións. Amosar todas as publicacións

21/01/23

Xoves 2 de febreiro celebración do día da Candeloria

A Candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá. A voda dos paxariños A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! 

O xoves 2 febreiro o EDLG do IES Monelos pretende celebrar este día. Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade... Na semana do 24 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O xoves 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.

24/12/22

Bo Nadal e próspero 2023 a toda a Comunidade Educativa do IES Monelos

 O EDLG do IES Monelos quere felicitar o Nadal e desexar un próspero 2023 cheo de proxectos e esperanzas renovadas a toda a Comunidade Educativa.

Nesta reportaxe de non moi boa calidade pero si ben intencionada vese reflectido o alumbrado da nosa cidade nestas festas tan xeitoso como o doutras metrópoles do Universo cercanas a nós.

A música que acompaña titúlase "Volver a casa por Nadal". Trátase dun traballo de Pablo Novoa (músico multinstrumentalista que compuxo temas para Golpes Bajos, Los Ronaldos, Julieta Venegas ou Iván Ferreiro entre outros) xunto co grupo Xababanda e que popularizou o programa xuvenil da TVG Xabarín Club cun videoclip moi exitoso na súa década dourada.

Saúde a tod@s!

 

 Podedes consultar o Catálogo de Nadal 2022 publicado pola Mesa

 Publicado pola Mesa


 
Almanaque 2023 editado polo EDLG da Universidade de Vigo con ilustracións de Dávila

27/10/22

Radio Monelos: Historia do Samaín

 @s alumn@s do IES Monelos Raúl Orosa Sanjuan e Noa Vázquez Fuentes descúbrennos neste programa de Radio Monelos o significado das palabras de Samaín e Halloween. Son comúns?, De onde procede a súa orixe?

Esperando que este programa sírvanos para iluminar esta noite defuntos deste outonal novembro.

Para os aficcionados ao cómic e a lectura en xeral tedes un libro de Pepe Carreiro da serie os Barbanzós que se titula "A noite do Samaín" e que vos pode abrir, de forma divertida, o camiño.

26/10/22

Cociña de outono. IES Monelos (26/10/2022)

 

Receitas
                                                 

 Entrevista de Radio Monelos a algún dos participantes

03/10/22

#Tintubro. Comeza o mes de debuxar cada día na rede

 Dúas ilustradoras lanzan por segundo ano a versión galega do ‘Inktober’, o reto para compartir diariamente un debuxo en Instagram a partir dunha lista de conceptos durante o mes de outubro. 

Información en Vinte


 

25/07/22

Unha recreación do discurso "Alba de gloria" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

 O 25 de xullo de 1948 Castelao pronuncia o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia.