Amosando publicacións coa etiqueta bioloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bioloxía. Amosar todas as publicacións

06/04/23

Galiverso somerxido: como se fixo

«Galiverso somerxido» é unha viaxe única para descubrir o patrimonio galego oculto baixo as nosas augas. Montados nun batiscafo e coa axuda das lentes de realidade virtual, exploramos os fondos mariños da costa galega, aprendendo sobre a fauna e flora que habita neles, así como sobre episodios históricos singulares nos que o mar foi protagonista. 

A produción do Galiverso somerxido supuxo importantes retos para a captura das imaxes submarinas: pouca visibilidade, inmersións a gran profundidade (ata 38 metros), limitacións de tempo de traballo (10 minutos por cada inmersión), o deseño dunha cámara 360º con carcasas específicas para a gravación en estéreo e tamén a creación en 3D do batiscafo virtual desde o que se vive a experiencia. 

Superar estes desafíos implicou a participación de expertos de diversos ámbitos: submarinismo, historia da arte, comunicación e divulgación, bioloxía, arte dixital, patrimonio, etc., dando como resultado unha experiencia de realidade virtual como nunca antes se fixo en España. Realizáronse un total de 18 inmersións en 12 xornadas que incluíron probas de iluminación, a fotogrametría de máis de 200 m² do fondo mariño e vídeos en 360º realizados con distintos tipos de cámaras e un ROV submarino. 

13/03/23

Gañadoras e gañadores do concurso da muller na ciencia (11 de febreiro) e do día da muller (11 de marzo)


Relación das gañadoras e dos gañadores do concurso da muller na ciencia e o día da muller convocado pola Biblioteca e o EDLG do IES Monelos:

Vázquez Fuentes Noa     1º ESO A

Lisi Piñeiro, Luca Nahuel 2º ESO PMAR

Ramírez Rojas, Kevin     2º ESO PMAR

García Blanco, Amalia      4º ESO A

Varela Ota, Nina                4º ESO A

Hidalgo Novoa Iria           1ºBacharelato B 

Entrega dos premios aos gañadores na biblioteca do Centro o venres 17 de marzo. De esquerda a dereita Kevin, Iria, Noa, Amalia, Nina e Luca Nahuel.