Amosando publicacións coa etiqueta bioloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bioloxía. Amosar todas as publicacións

07/05/24

Tempo na Coruña do 7 ao 14 de maio

 Exemplo duns dos programas emitidos semanalmente por Radio Monelos ao longo do curso. Coordinado pola profesora de Bioloxía Sonia Bermúdez.

Predición elaborada polas alumnas de 1º de ESO Paula Rial, Carmen Tarrón e Laura Virosta para a Meteoescola.

02/01/24

REVARGAL - Plásticos do Ziphius cavirostris da Coruña

Estudo do estómago dunha femia adulta de cifio común (Ziphius cavirostris) varada en Coruña en 2023. Descripción de cada unha das cámaras e valoración de impactos de orixe antrópica. Descrito por Nuria Alemañ (Dpto. de Anatomía, Producción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, Facultade de Veterinaria de Lugo, USC). 

A Rede de Varamentos de Galicia conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica, mediante o proxecto Revargal que é financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), e co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

20/12/23

Predición meteorolóxica para este Nadal na Coruña

Elaborada pola Meteoescola do instituto. Na locución as alumnas de 1º de ESO Zeltia Deus, Loreto Gómez, Estrella Julián, Iria García, Estela Cao, Valery Gerez e Iria Díaz.