Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bibliotecas. Amosar todas as publicacións

12/12/22

Entrega dos premios do primeiro certame de relatos de terror do IES Monelos

A alumna de 2º ESO a Catalina Bago Pérez recibiu o primeiro premio na categoría de 1º, 2º e 3º de ESO. Julián Santos Santos optivo o 2º premio na mesma categoría.

Jia Hao Yang de 2º bacharelato B recibiu o primeiro premio da 2ª categoría (4º ESO e bacharelato).

A actividade foi organizada pola Biblioteca escolar e o EDLG do centro.

Grazas a tod@s os concursantes que participaron e parabéns aos gañadores.


 

03/11/22

Radio Monelos: María Casares

Programa realizado pola Biblioteca escolar do Centro

No centenario do nacemento da actriz coruñesa.

Na locución participa o alumnado de 2º ESO A Antía Anca Campos, Martín Jaspe Rodríguez e Celia Remeseiro Grau.
 

25/10/22

Radio Monelos: lectura do conto de Rafael Dieste "Sobre a morte de Bieito"

Conto publicado no libro "Dos arquivos do Trasno". Lectura realizada polos alumnos de 4º ESO A Enrique Alonso e Lucas Eiroa por iniciativa do EDLG e o Club de Lectura do IES Monelos.


24/10/22

BASES DO CONCURSO LITERARIO DE RELATOS DE TERROR DO IES MONELOS 2022

 


Organizado pola Biblioteca escolar en colaboración do EDLG do Centro. 
 
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2022-2023. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 
 
SEGUNDA.- Cada participante de poderá presentar unha proposta de relato curto. A extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e de temática de terror.
 
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
 
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
 
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 
 
SEXTA.- Haberá un premio por categoría, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: Modalidade de relato de terror 1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de relato de terror 2ª categoría: vale de 30 €. 
 
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 24 de outubro e remata o día 18 de novembro de 2022. 
 
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 23 de novembro de 2022. 
 
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na páxina web da Biblioteca escolar, na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo e elaborarase un podcast para ser emitido por Radio Monelos. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 
 
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

21/10/22

MARÍA CASARES NA CORUÑA

  Vídeo elaborado pola Biblioteca de Estudos Locais e presentado pola súa directora, Milagros García Pérez, no que se recollen testemuños bibliográficos, documentais e gráficos da presenza de María Casares na cidade da Coruña. De entre todos eles, escolléronse aqueles que se poden consultar nas institucións públicas da cidade: a Biblioteca de Estudos Locais, o Arquivo Municipal, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, o CGAI, a Biblioteca Pública Miguel González Garcés, o Palacio Municipal de María Pita, a Casa Museo Casares Quiroga, a Fundación Luis Seoane, o Arquivo do Reino de Galicia e a Real Academia Galega.

17/06/22

Radio Monelos: comentario sobre "Usha" de María Reimóndez

 O Club de Lectura de 1º ESO C do IES Monelos formado entre outr@s por Catalina, Sabela, Nicolás, Iván e Tiago participou nun programa radiofónico no instituto para falar sobre a obra de María Reimóndez: "Usha".

A actividade realizouse o 17 de xuño de 2022.


16/03/22

As mulleres do porvir, de Dorotea Bárcena (lectura dramatizada)

Lectura dramatizada do texto "As mulleres do porvir", co que o CCG quere homenaxear á pensadora Concepción Arenal, pero tamén á actriz, directora e dramaturga Dorotea Bárcena. Este foi o seu derradeiro texto dramático, publicado en 2003. O audiovisual está producido para o Consello da Cultura Galega por A Quinta do Cuadrante e dirixido por Tito Asorey.

 


15/03/22

Biblioteca do IES Monelos: lectura de "A lingua das bolboretas" de Manuel Rivas.

 

Locución feita polo alumnado de 3º ESO no curso 2021-2022:

Lucas (3º ESO A): 1º Narrador.

Pablo (3º ESO C): 2º Narrador.

Amelia (3º ESO A): Romualdo. 

Nina (3º ESO A): Manifestante.

Martina (3º ESO A): Cordeiro.

Sara (3º ESO B): Pai.

Naiara (3º ESO B): Manifestante.

Victoria (3º ESO C): Nai.

Enrique (3º ESO C): Profesor.

 Coloquio sobre a obra e a educación na II República moderado polo alumnado de 3º ESO B: Elías Pardo como moderador e Inés Jaspe, Nerea Leis e Eva López como participantes.

 


 

21/12/21

Boas Festas!

 Para comezar as festas con bo ritmo, contámosvos o conto "Cores" de Leo Lionni e Antonio Rubio da editorial Kalandraka, agardamos que o desfrutedes!