Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

04/07/23

O escultor cambadés Francisco Asorei será o homenaxeado no Día das Artes Galegas 2024

 'Picariña', 'Naiciña', 'O Tesouro', 'Ofrenda a San Ramón', 'A Santa' e 'San Francisco' son algunhas das súas obras máis salientábeis. 

Información en Nós Diario

Asorey (dereita), con 25 anos, esculpe un busto do fotógrafo Enrique Guerra. A imaxe publicouse en 1914 na revista «Vida Gallega».

17/06/23

CINEMA NA ESCOLA 2023 IES EUSEBIO DA GUARDA Debuxa

 Sobre a figura de Picasso neno na Coruña.

Catara Rego. A artista que procura as pegadas

Con tres anos preguntáronlle que quería ser de maior e Catara Rego contestou sen dubidalo: «Pintora». Con 27 anos comeza a despuntar polo seu traballo como fotógrafa cunha firme vontade de mostrar o que lle preocupa. «Os meus intereses son as pegadas. A relación entre paisaxe, identidade e territorio», salienta.

Información de Ana G. Liste en Vinte

Fotografía da serie 'Zona de sacrificio' © Catara Rego
 

12/05/23

O festival (S8) proxecta 180 filmes nunha edición que homenaxea Urbano Lugrís no seu 50 cabodano

 A XIV edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, que terá lugar entre o 26 de maio e o 4 de xuño na Coruña, volve achegar unha coidada selección de cine de vangarda e experimental e proxectará máis de 180 pezas procedentes dunha ducia de países. Ademais, a cita será unha homenaxe ao pintor Urbano Lugrís, do que se conmemora este ano o 50 aniversario da súa morte.

Rodrigo Osorio, da Asociación Cultural O Mural, e Elena Duque, programadora do (S8), na presentación da programación e da imaxe do festival © María Meseguer

25/03/23

«We», de Jaume Plensa | Exposición De lugares e cousas

Diversidade e unidade están moi presentes en «We», de Jaume Plensa. Unha escultura formada por letras de oito alfabetos distintos que compoñen unha figura humana única, reflexiva e transparente. Unha sorte de Babel na que a linguaxe representa tanto o que nos diferenza como o que nos une.

Podes admirala na exposición #Delugaresecousas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Unha mostra que reúne unha selección de 41 pezas, pertencentes á Colección de Arte Banco Sabadell, dos artistas contemporáneos e actuais máis relevantes de Galicia, España e Portugal.

«Detrás do espello» | Exposición

«Detrás do espello» convídanos a atravesar o noso propio reflexo seguindo as pegadas de 50 mentes curiosas e creativas que ao ollar cara a Galicia atoparon inspiración ou fascinación. As súas achegas enriquécennos hoxe como pobo. 

Comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís García Canido, a mostra desafíanos a observarnos desde fóra e aceptar que tamén nos construímos a partir da idea que teñen de nós aqueles que nos miran.

23/03/23

Presentación na Coruña da exposición "Picasso branco no recordo azul"

A mostra aberta ao público no Museo de Belas Artes dende o venres 24 de marzo contén 120 pezas vinculadas a Picasso das que 68 son obras propias. Unhas enmárcanse cronoloxicamente no período comprendido entre 1891-1895, os anos en que viviu na Coruña; outras pertencen a etapas artísticas posteriores e reflicten a súa pegada, motivos e elementos aprendidos na súa etapa coruñesa.

Información Xunta de Galicia