Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

15/03/23

Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 12. Urbano Lugrís

Neste ano 2023 cúmprese o 50 aniversario da morte do artista coruñés Urbano Lugrís. Desde Radio Monelos queremos recuperar a memoria deste inmenso pintor que ilustrou o soño desta Coruña mergullida nesta inmensidade atlántica.

@s alumn@s de 1º de ESO Inés Insua Puente e Raúl Orosa Sanjuan realizan este programa de Radio Monelos.

E unha novela moi interesante (máis ben para maiores) sobre Lugrís: "O señor Lugrís e a negra sombra" escrita por Luís Rei Núñez e publicada por Xerais no 2007 que ben merece a pena para coñecer a vida deste grande artista. 
 
E algo sobre a súa obra pictórica:

10/03/23

Urbano Lugrís (1908-1973). Ano L

 Sábado 11 de marzo

Ás 20:30 h. Na coiraza do Orzán manifesto "Nós as deshidratadas" por Sofía de Labañou.

Ás 21:30 h. Na sala "Garufa": "En clave de mar"

Teresa Ramiro, Olivia Tudela, César Morán, Rodrigo Osorio, Moncho do Orzán, Marcos de Samaniego, o grupo "Extrema Urgencia", "In Nave Civitas" e os salsieiros todos que queiran entrar.

Menos derrotismo e máis surrealismo!


 


28/01/23

María Antonia Dans protagoniza o 'Día da Ilustración', que lembra o nacemento de Castelao


 Información en Praza Pública


 Cartel da edición 2023 do Día da Ilustración, realizado por Siro © AGPI/Siro
 
 
Ilustración de Aida Alonso dedicada a María Antonia Dans © Agpi/Aida Alonso
 
Dúas ilustracións de María Antonia Dans © AGPI

 

03/01/23

De Matisse ao Millenium. Gerardo Porto un legado de cristal

 Información en La Voz de Galicia

Na foto podemos ver a Camilo Chas galerista de Artbys e Gemma Zapata.

O mellor mural do mundo do 2022 podería estar en Cambre

 Información de A.S.R. en La Voz de Galicia

Fendetestas, a obra do artista galego Mon Devane, e Enraizado non presente, de Huariu, optan a este recoñecemento que concede a plataforma global Street Art Cities. En total, hai un centenar de obras nomeadas de 30 países de todo o mundo. De España, tan só 29 foron seleccionadas das que cinco son galegas, e dúas delas de Cambre . Os dous murais realizáronse dentro da última edición do Cromático Mural Fest, e están localizados en Sigrás e en Cambre.

 

13/12/22

Arte en Santiago (13-12-2022)

Visita do alumnado de Hª da Arte de 2º de bacharelato do IES Monelos a Santiago para coñecer máis os aspectos artísticos da cidade. Curso 2022-2023.
 

11/10/22

Noticia sobre Arturo Souto

 Conferencia sobre o pintor Arturo Souto da profesora e comisaria de exposicións María Díaz Rey organizada polo Consello da Cultura Galega.

09/10/22

Centenario do nacemento do arquitecto Xosé Bar Boo

Xosé Bar Boo (Vigo, 22 de setembro de 1922 - Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1994) foi un arquitecto activo en Galicia principalmente en Vigo e a súa contorna aínda que na Coruña temos un exemplo moi destacado da súa plástica como é o edificio dos Xulgados. 

 Con Bar Boo recupérase a cultura arquitectónica que se perdera coa Guerra Civil. Os anos 40 e 50 do século pasado foran décadas escuras para España, illada das novas correntes arquitectónicas e urbanísticas que promove o Movemento Moderno. Xunto con Fernández-Albalat introduciron esta tendencia na arquitectura galega.

Trátase, segundo o arquitecto Xosé Manuel Casabella, aínda que pareza paradoxo dun arquitecto recoñecido e marxinado á vez porque foi un home moi esixente coa calidade do traballo e fixo que perdese traballos importantes que foron para outros colegas contemporáneos. Sempre se mantivo fiel aos seus principios éticos, foi rebelde liberando as súas ideas co seu traballo sen someterse á servidume que a profesión impoñía.

Foi un dos impulsores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no que máis tarde exerceu de decano en 1976 ano da súa creación. Foi vicepresidente do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España e profesor titular da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. 

Estudou na Escola Superior de Arquitectura de Madrid, graduándose en 1957 e doutorándose en 1960. A pesar do relativo illamento xeográfico da súa actividade profesional, circunscrita á contorna da ría de Vigo, a obra de Bar Boo deixou un forte pegada nos arquitectos galegos da vindeira xeración. A súa obra, moi persoal e afastada dos circuítos de produción en masa, supón unha reflexión constante sobre a arquitectura e o seu entorno. Atentos á funcionalidade, ao terreo, á orientación, ás vistas (propias e alleas), ao clima e á racionalidade do proceso construtivo, o seu deseño libre e rico en detalles xera unha espacialidade sempre sorprendente. 

 A súa primeira obra, que actualmente alberga as oficinas do COAG en Vigo, é sen dúbida a máis perfecta do Movemento Moderno en Vigo, mantendo a súa vixencia e frescura durante corenta anos. 

Deseñou construcións como as Torres da illa de Toralla ou o policlínico Cíes, edificios que marcaron a estética da cidade viguesa. Porén, poucos saben que este arquitecto foi o fundador da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), membro fundador do Museo do Pobo Galego ou membro do Seminario de Estudos Galegos. A súa obra, fundamentalmente racionalista, estivo condicionada pola funcionalidade, pero tamén pola harmonía co medio. 

 Cinco arquitectos, César Portela, Gallego Jorreto, Xosé Manuel Casabella, Elena Ampudia e Jaime Blanco, falaron o pasado 26 de setembro na sede da Real Academia Galega de Belas Artes na Coruña da ética que guiou os seus traballos. O acto xurdiu como homenaxe a Bar Boo no centenario do seu nacemento. Precisamente na súa obra máis polémica, a Torre de Toralla, non puido levar a cabo o seu proxecto e acabou por romper cos promotores ao non estar satisfeito co resultado final. Segundo os seus estudosos, a igrexa parroquial de Nosa Señora das Neves (1962/1971), en Teis, captou alí os trazados xeométricos inspirados en combinacións triangulares proporcionalmente vinculadas. O círculo marcado en 1967, o deseño do policlínico Cíes, hoxe desocupado á espera dunha nova función. No ano 2006 engadiuse á súa planta esférica un anexo que rompe a concepción inicial. En distintos puntos da cidade hai edificios coa súa firma como edificios comunitarios como Plastibar (1957), en Marqués de Valladares; as casas da Praza de Compostela (1963), as de San Xosé Obreiro no barrio de Coia (1969) ou as da rúa García Olloqui (1972). En vivendas unifamiliares destaca a casa de Gerardo Martín, en Doutor Corbal, 65 (Teis). Realizada en formigón, destaca a súa fachada principal, concibida como unha escaleira invertida. Está inscrita no inventario da Xunta como Ben de Interese Patrimonial. A súa traxectoria tamén o levou a crear espazos de traballo como as oficinas de Vitrasa (1974) e o complexo Aurelio Pérez (1982). Aínda que a maioría das súas obras están situadas en Vigo, tamén asinou os mercados de alimentación de Gondomar e Porriño, os xulgados da Coruña ou a coñecida como Casa Ferro, realizada en Ponteareas entre 1962 e 1977. En case toda a súa obra residencial imperan certas influenzas orgánico-funicionais wrightianas como podemos observar no edificio dos xulgados da nosa cidade onde incorpora a un edificio de trazo funcional materiais do país como o granito rosado de Porriño. 

Arriba: Edificio Plastibar (Vigo-1957). Actual sede do COAG na cidade

Edificio na Praza Compostela de Vigo (1963)

Vivenda unifamiliar en San Miguel de Oia (Vigo) (1963)
 
Cooperativas de vivendas para militares en Campolongo-Pontevedra (1965)

 
Praza de Abastos de Gondomar (1966)


Antigo Policlínico Cíes (1967). O corpo cúbico incorporado no 2006 altera a construción cilíndrica do proxecto inicial de Bar
 
Igrexa parroquial da Nosa Señora das Neves en Teis-Vigo (1968)

Polémico edificio da illa Toralla en Vigo (1968). Bar Boo renunciou a dirección de obra ao non aceptar a orientación que seguiron os promotores do proxecto
 
Praza de abastos do Porriño (1970)
 
Edificio de vivendas en Coia-Vigo (1969)



Edificio de vivendas Vicente Suárez en Vigo (1972)
 
 
Edificio de Vitrasa en Vigo (1974)

Casa Ferro en Ponteareas (1977)

Casa Gerardo Martín en Teis-Vigo

Fachada e interior dos Xulgados da Coruña (1991)