Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

03/05/24

Inauguración da exposición de pintura “Terra Medida” de Alfonso Sanjurjo

O mércores 8 de maio ás 20:00h inaugúrase no Centro Cultural A Fábrica a exposición pictórica “Terra Medida” de Alfonso Sanjurjo. 
Sanjurjo, pintor coruñés; foi un artista das marxes, na súa obra predomina a xeometría como unha arte vencellada á terra. Unha arte que xorde das raíces para expandirse polo lenzo en branco nunha procura de equilibrio cromático e formal; e que seguramente sexa precisamente a procura o xesto máis importante da súa traxectoria artística chea de curiosidade, liberdade e paciencia. 
A xeometría, presente en toda a obra de Sanjurjo, emerxe nesta última serie do pintor en forma de recortes rectangulares coloreados compostos en liñas horizontais que parecen querer expresar un movemento inmóbil. 
A exposición que conta con catorce cadros en técnica mixta sobre táboa poderá visitarse no Centro Cultural A Fábrica de Perillo do 8 ao 22 de maio. O horario de apertura ao público será de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas e sábados de 10:00 a 13:30 horas.
 

09/02/24

03/02/24

A Galiza sitúase como referente do muralismo: obras de Fene, Nigrán e Lugo impóñense como as mellores do mundo

 A obra gañadora, do artista Sfhir, cobra vida ao interactuar co día a día da veciñanza. 

Información en Nós Diario

Murais de Sfhir, Lula Goce e Yoe 33 foron escollidos como os mellores do mundo. (Foto: Street Art Cities)


23/11/23