Amosando publicacións coa etiqueta arqueoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arqueoloxía. Amosar todas as publicacións

26/04/22

O amencer da humanidade. O primeiro poboamento de Galicia

 Como complemento a unha exposición itinerante homónima para centros educativos, onde se deron a coñecer os resultados de investigacións desenvoltas nos últimos anos no ámbito da prehistoria en Galicia, elaborouse este audiovisual no que os investigadores Eduardo Méndez Quintas (Universidade de Vigo) e Arturo Lombera Hermida (Universidade de Santiago de Compostela) explican en que consiste o traballo arqueolóxico e falan tamén dos seus comezos na arqueoloxía, dos asuntos en que centran as súas investigacións actualmente, dos xacementos en que traballan ou dos lugares onde se expoñen os seus achados.

23/01/22

11/08/21

Castro da Punta Sarridal - Pedra Formosa - Cedeira

 A descuberta dos restos arqueolóxicos dun monumento con forno, tamén chamado pedra Formosa, no castro da Punta Sarridal en decembro de 2017, foi todo un achado non só para toda a veciñanza cedeiresa senón para todo o mundo da arqueoloxía. É o quinto monumento deste tipo atopado en Galicia e que nos aparecera aquí en Cedeira na primeira intervención arqueolóxica que se fai nun castro do noso Concello era algo que non nos imaxinabamos cando fixemos as primeiras sondaxes valorativas no verán do 2017. Precisamente aquelas primeiras sondaxes permitiron constatar tanto a aparición de varias estruturas de muros de vivendas de época castrexa nunha das catas realizadas no terreo de acceso á praia das Sonreiras, como un tramo da primeira muralla do castro cun aparello regular perfectamente conservado, na parcela municipal próxima ao camiño construído que leva á Punta Sarridal. 

 

17/02/21

Rocha Forte: desbrozar a nosa historia

 A carón da N-550, entre Santiago e O Milladoiro, estivo o castelo máis grande de Galicia. Era do arzobispado da cidade e non durou máis de dous séculos, cando aló por 1467 os irmandiños remataron con el. Desde aquela permaneceu esquecido: aguantou cincocentos anos, mil batallas e mesmo a desfeita dun tren que o pasou por literalmente por riba. 

 - En 1998 a veciñanza da Rocha “sublevouse” como fixeran os irmandiños para sacar o castelo de debaixo da herba. Os traballos comezaron no ano 2000 e tras varios paróns e novas axudas, a recuperación do espazo chega a unha nova fase para mellorar a contorna e seguir coas sondaxes. Falamos con Carlos Delgado, presidente da Asociación Rocha Forte; Lola Cerqueiro, arqueóloga municipal; e Mercedes Rosón, actual Concelleira de Cidade Histórica.