Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

28/12/22

Nadal 2022 - "Belén Futurista"

 Actividade común co gallo do Nadal 2022. -Canción: versión de "A horse with no name" (América), argallada polo alumnado de 4º de Educación Primaria no Obradoiro de Audiovisuais. -Panxoliña dos mestres baseada no "Tengo el corazón contento" de Marisol para darlle os parabéns ao cole polo seu 50 aniversario. -Festa de Fin de Ano con vestimenta de gala, decoración navideña, libros de Nadal na biblioteca, tren de Nadal, Mercadillo, actuacións con panxoliñas, merendolas nas aulas e Belén futurista. -Equipo de Actividades complementarias e extraescolares, titorías, Obradoiro de Audiovisuais, ANPA "Viñas Blancas" e biblioteca. -PDI 2022/2023: "50 anos argallando". -O recuncho de Tambo. -CEIP Plurilingüe do Carballal (Marín).

 

24/12/22

Caamaño&Ameixeiras cantan o Nadal para Deleite 🎁🎄

 

Bo Nadal e próspero 2023 a toda a Comunidade Educativa do IES Monelos

 O EDLG do IES Monelos quere felicitar o Nadal e desexar un próspero 2023 cheo de proxectos e esperanzas renovadas a toda a Comunidade Educativa.

Nesta reportaxe de non moi boa calidade pero si ben intencionada vese reflectido o alumbrado da nosa cidade nestas festas tan xeitoso como o doutras metrópoles do Universo cercanas a nós.

A música que acompaña titúlase "Volver a casa por Nadal". Trátase dun traballo de Pablo Novoa (músico multinstrumentalista que compuxo temas para Golpes Bajos, Los Ronaldos, Julieta Venegas ou Iván Ferreiro entre outros) xunto co grupo Xababanda e que popularizou o programa xuvenil da TVG Xabarín Club cun videoclip moi exitoso na súa década dourada.

Saúde a tod@s!

 

 Podedes consultar o Catálogo de Nadal 2022 publicado pola Mesa

 Publicado pola Mesa


 
Almanaque 2023 editado polo EDLG da Universidade de Vigo con ilustracións de Dávila

Vivir Aquí - O Belén de ano en ano. O Belén de Mallou en Santiago

 

05/01/22

ROSCÓN DE REIS SAUDÁBEL | Receitas de Nadal 🎄

 


Amadora explica a tradición de correr os reises en Fonte Ferreira (Pedrafita do Cebreiro)

 O equipo de investigación do Apalpador da Gentalha do Pichel, cedeunos este video sobre a tradición de correr os reises, desaparecida no Cebreiro e no conxunto da zona. Foi gravado no 2011 no lugar de Cileiro (Pedrafita do Cebreiro), neste vídeo fala Amadora Teixeiro, unha muller de 91 anos que lembra estas celebracións durante a súa infancia en Fonte Ferreira. 

Explica como 4 persoas vestidas de reis ían cantando por todas as casas, de aldea en aldea e acompañados pola "Carantoña" que levaba unha carauta e un xardón. Esta Carantoña era moi temida por todos os cativos, moito máis do que o Apalpador como indica ela. De feito adoitaba dar co pau, desfacer as cousas, ciscar todo polo chan... Xunto del ía o mochileiro que era a persoa encargada de pedir o aguinaldo que podía consistir en cartos ou en alimentos (xamón, queixos, chourizos). 

Segundo indican no blog "Arqueoloxía dos Ancares", en Coterces e Fonteferreira, cantaban: "Dainos, dainos un lacón/pra que veña un ano bon./Dainos, dainos do espinazo/pra que veña o mes de marzo./Dainos, dainos un pernil/pra que veña o mes d´abril...". 

 Neste blogue tamén indican que González Reboredo e Rodríguez Campos (ano 2000) fixan a decadencia destas tradicións na época da postguerra. e que a partir dos anos sesenta do pasado século XX as cabalgatas dos Reis Magos substituíron as ancestrais tradicións.