Amosando publicacións coa etiqueta IES Monelos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IES Monelos. Amosar todas as publicacións

15/02/24

Radio Monelos: Susana Seivane

 Programa elaborado pol@s alumn@s de 4º ESO Lucía Barbé e Álvaro Cardalda

 

Algúns vieoclips de Susana Seivane: "Non é non", "Xota do Entroido", "Xota co acordeón diatónico" e "Celebrando o seu cumple no 2021". 

Entroido 2024 no IES Monelos

 

Concurso día da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro) e día internacional da muller (8 marzo)

BASES DO CONCURSO 11 DE FEBREIRO DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA E 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organiza un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o xoves 15 de febreiro e rematará o venres 8 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 21 mulleres relacionadas co mundo da ciencia en Galicia (física-química, bioloxía, farmacia, medicina, matemáticas, tecnoloxía, informática, etc) A información sobre estas personalidades será publicada páxina web do instituto no apartado de departamentos e en concreto no de normalización durante estes días con algún aspecto biográfico delas. 

 BASES 

1. Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría.

2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario que estará publicado na páxina web do instituto no departamento de normalización e no blog deste equipo: cotarelomonelos.blogspot.com.

3. Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todas as personaxes femininas. 

4. Só se concederán ata 5 premios. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores. 

5. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto.

 Responde o cuestionario

01/02/24

Radio Monelos: novas do 25 ao 28 de xaneiro

Programa elaborado pol@s alumn@s Yelina Dopico (4º ESO) e Alejandro Lorenzo (1º Bacharelato)



Radio Monelos: emisión do 2º programa de "Monelos no ar"

Emisión do segundo programa en directo de "Monelos no ar" realizado este mércores 30 de xaneiro. 

O programa estivo centrado sobre preguntas e respostas sobre a institucións da UE, dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, e unha entrevista ao alumno de 2º de Bacharelato Xoel Saavedra importante promesa do voleibol español. 

Coordinaron o programa as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Na presentación estiveron as alumnas de 2º ESO Lara Beade e Inés Insua. Entrevistou Noelia Saavedra, de 3º de ESO, ao seu irmán Xoel.


31/01/24

30 de xaneiro: celebramos o día da Paz e da Non Violencia

O alumnado de 1º de ESO participou nun concurso de carteis coordinado pola profesora de Xeografía e Historia Rosa Gómez.

 

O Equipo da Biblioteca e o EDLG organizaron un recital poético coordinado pola profesora de galego Luísa Corredoira.

26/01/24

Radio Monelos: Historias da Coruña. Luís Suárez

Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Carolina Barbeito de la Cruz e Paula Rial Cernadas

Casa natal na rúa Hércules da Coruña
Placa conmemorativa na súa casa natal

25/01/24

Radio Monelos: programa musical sobre Ugia Pedreira

 Programa presentado polas alumnas de 3º ESO Catalina Bago e Sabela García.

Algúns videoclips: "Mares sucados", "Onde está o verso", "Agua e carbono" e "Pra vos a verdade".

24/01/24

Programa musical sobre "O Sonoro Maxín"

 Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Inés Insua e Noa Vázquez.

 

 Algúns videoclips e actuacións en directo: "Así se constrúe unha bomba", "Quérote máis", "SeteDezasete", e "Os zapatos vellos".

Radio Monelos: novas do 16 ao 23 de xaneiro

 Programa elaborado e presentado pol@s alumn@s Yelina Dopico (4º ESO) e Alejandro Lorenzo (1º Bacharelo)


23/01/24

Radio Monelos: historia do transporte público colectivo na Coruña

 Programa realizado polas alumnas de 1º ESO A Zeltia Deus Martín e Iria García Puga


Tranvías da Coruña 

 

Tranvía A Coruña-Sada

 

Os trolebuses. Documental para a televisión inglesa

 Trolebús A Coruña-Carballo (O Arteixo