Amosando publicacións coa etiqueta Costa da Morte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Costa da Morte. Amosar todas as publicacións

07/09/22

Tesouros somerxidos

  Documental que nos descobre os tesouros arqueolóxicos das profundidades da Costa da Morte. A bordo do Eureka, visítanse distintos puntos marcados nun mapa mariñeiro, entre Fisterra e Corrubedo, para descubrir o que agochan. Expertos en historia narran a peripecia dos barcos afundidos nesta costa, que se ilustran con imaxes dos pecios, mapas, cartas de navegación, xornais, debuxos e fotografías do arquivo histórico. O proxecto pon en valor o vocabulario mariñeiro.

 


04/06/22

Repartidores do rural

 Documental que xira ao redor das relacións entre os repartidores rurais (panadeiros, peixeiros, carteiros, froiteiros....) e a paisaxe galega. Cóntase o seu percorrido diario e vese como xeran vínculos, relacións de solidariedade e comunidades de apoio mutuo; un piar fundamental para as vilas e aldeas illadas que conforman o rural galego.

28/04/22

#LugarDe | Sanidade pública e universal?

 http://xarda.gal/lugarde-sanidade/ Aquí o primeiro audiovisual da serie #LugarDe, no que afondamos das eivas da sanidade pública no rural e da atención primaria. En concreto imos ata Outes, A Baña, Baio, Mazaricos e Fisterra.

05/01/22

A palabra en solpor. Estevo Creus Andrade

Curtametraxe de animación e poesía da man do poeta Estevo Creus e do artista Mauro Trastoy. Un percorrido pola Costa da Morte, o solpor, e o seu latexo. Este territorio que respira e anda.

 


Ninguén - Versión final completa

 Documental de corte etnográfico dividido en 15 pílulas independentes de 1 minuto de duración aproximada cada unha. Cada peza contén o fragmento dunha entrevista cunha persoa anciá da comarca de Bergantiños e Costa da Morte, quen relata a súa experiencia vital e que contribúe a reconstruír a Galicia da posguerra. Escoitando estas pezas sabemos dos oficios, das festas, das relacións sociais e de parella... 

 ‘Ninguén. Non des a esquecemento’, de Omar Rabuñal Varela, é unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

02/05/21

"Baby Boom" en Baio: once embarazos nunha soa rúa

 Un fenómeno fóra do normal. Nunha Galicia morta demograficamente (esta semana nas cifras oficiais publicadas polo IGE baixamos da cifra dos 2.700.000 habitantes) e en plena pandemia poñendo a vida en contra, un grupo de mulleres de entre 40 e 25 anos fan das estatísticas un conto: será o aire que respiran na carballeira? O elixir da maternidade está en Baio, na Costa da Morte (ou será da Vida?)


 

06/04/21

A RAG edita un novo exemplar de 'Terra Nomeada' sobre a toponimia de Carballo

 A colección ofrece ata o momento os estudos da toponimia dos concellos da Agolada, Ames, Begonte, A Estrada, Trabada así como este de Carballo

Información en Galicia Confidencial

Vista aérea do casco urbano de Carballo