⚡VILLANELLE VIVE!⚡ E por iso MJ quixo facerlle esta homenaxe. Por todo o que lle fixo sentir e vivir na pequena pantalla a través da interpretación maxistral de Jodie Comer. Villanelle (Killing Eve) é unha personaxe que rompeu os esquemas e conquistou a moitas persoas.
A MJ non lle deixou indiferente. Fíxolle rir incluso nos peores momentos e sentirse un pouco menos soa navegando na loucura. No fondo, todos somos un pouco Villanelle. E por iso fixo esta canción. Mais este tema ten unha doble lectura, pois non fala só de Villanelle, fala moito dela. “Coma Villanelle” representa ruptura, representa cambio. Non hai nada mellor coma deixarse levar polo instinto. Non hai nada coma recuperar a esencia. Non hai nada coma facer o que che dea a gana. Non hai nada coma a autenticidade. Grazas Villanelle.